Este domingo, 14 de setembro, comezou a viaxe das nosas alumnas Eva Blas e Alba Vieiro e o noso alumno Héctor Alba, de 1º de Bacharelato, que os levará a distintas localidades da rexión francesa de Amiens, onde vivirán coas familias francesas dos seus correspondentes e asistirán a clases nos institutos franceses Henri Martin, de Saint-Quentin, e Gay Lussac, de Chauny. Este intercambio insírese no marco do proxecto Galemundo Acreditación Erasmus Escolar, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e no que participa o noso centro xunto co CPI de Zas e o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense. O intercambio terá unha duración dun mes, ata o 11 de outubro, e conlevará a correspondencia co alumnado francés, que será acollido no noso instituto entre o 25 de outubro e o 23 de novembro.
Bon voyage et très bon séjour à Eva, Alba et Héctor!

O proxecto “Galemundo Acreditación Erasmus Escolar” está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea. O contido desta publicación é responsabilidade exclusiva do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas e nin a Comisión Europea, nin o Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables do uso que poida facerse da información aquí difundida.