OUTRO CURSO MÁIS DE CLUB DE LECTURA!

O noso centro vén de renovar un curso máis a súa participación no programa “Club de lectura” cunha dotación económica de 780€ para a adquisición de libros e a realización de actividades previstas no marco do noso club de lectura, “O faiado de Balbino”, coordinado por Jesús E. Pérez, profesor de Lingua castelá.
Este curso a oferta de grupos de lectura, que leva funcionando desde mediados de outubro, é moi ampla e inclúe: “Elas contan” (Relatos escritos por mulleres), “A ghata chemistry” (Narrativa policiaca), “Utopía” (Historia), “Comiqueirxs” (Banda deseñada), “Historias fantásticas da mitoloxía” (Mitoloxía), “Bambalinerxs” (Club e obradoiro de teatro), “Teatromáticas” (Teatro e Matemáticas a escea), “Xs Lusíadxs” (literatura portuguesa) e “Osxs Dubidosxs” (Filosofía).
Toda a información sobre esta convocatoria pódese consultar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48626