PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA EDUEXCHANGES

Un curso máis o noso centro resultou seleccionado para participar no Programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2025-2026, segundo se recolle no portal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48665
A axuda económica concedida ao abeiro deste programa, enmarcado na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030, destinarase a financiar o intercambio do alumnado de 1º de Bacharelato que cursa o programa Bachibac co Lycée Saint François-Xavier de Vannes (Bretaña, Francia). Dito intercambio terá lugar do 6 ao 13 de febreiro.
Proximamente as familias do alumnado implicado serán convocadas a unha reunión no centro para informar de todas as cuestións relativas á organización do intercambio.