O noso centro vén de renovar a súa participación no Consorcio Erasmus+ Galemundo, liderado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional, para os cursos 2025-26 e 2026-27. Este Consorcio, grazas ao cal ao comezo deste curso se realizaron tres mobilidades a Francia de alumnado de 1º Bacharelato dun mes de duración, enmárcase dentro da acción clave 1 no Sector de Educación Escolar na convocatoria de propostas Erasmus+ da Comisión Europea. Toda a información desta convocatoria pódese consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta. gal/portal/node/49053
