A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa vén de publicar a convocatoria da proba externa do programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac) para o curso académico 2025-26 e de ditar instrucións para o seu desenvolvemento, que se poden consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta. gal/portal/node/49421.
O alumnado de 2º Bacharelato que cursa este programa deberá inscribirse na proba externa, presentando o anexo I no centro, entre os días 7 e 10 de abril.
A proba externa terá lugar nos días e horas que se establecen nas citadas instrucións e se resumen no seguinte documento:
