Inicio_antiguo

Intercambio co Schule Eins de Berlín

O alumnado de 4º de ESO do noso instituto comeza o curso 2018/2019 cun intercambio co SCHULE EINS de Berlín. Desexámoslles que aprendan e disfruten moito da experiencia!

Comezo do curso 2018-2019

AVISO

Durante os primeiros días de clase non haberá servizo de cafetería posto que aínda non está adxudicado definitivamente.

Xogos populares

Xogos PopularesO venres 25 de maio, organizouse no Instituto a través do Concello, que subvencionou a actividade, unha xornada de XOGOS POPULARES para os rapaces de 1º e 2º de ESO. Os alumnos e alumnas puideron desfrutar do xogo do aro, da petanca, da buxaina, zancos ….

Máis información…

Campionato de fútbol

1º clasificado
1º clasificado

Ao longo do 3º trimestre celebráronse os CAMPIONATOS DEPORTIVOS de baloncesto, fútbol e ping-pong.

O 21 de xuño xogouse a final do campionato de fútbol, sendo esta a clasificación:
Primeiro clasificado: 1º BACHARELATO
Segundo clasificado: 2º ESOC
Terceiro clasificado: GAFIRULAS (4º ESO)

Concurso Picasso Coruñés

Concurso PicassoA Asociación de Prensa da Coruña convocou o IV Concurso de Debuxo Picasso Coruñés no que participou alumnado do noso centro, dos cursos de 3º e 4º de ESO. Sara Eiroa Fernández gañou o primeiro premio (300 €) da modalidade “Olga Cristina Viaño Sánchez” á mellor redacción. Ademáis as alumnas Clara Isabel Graña Castro, Noela Mato López, Sofía Miranda Vázquez, Valentina López López, Orleni Mateo Durán e Hellen Diel Veras acadaron accésits en diferentes modalidades.

Máis información…

Nacho Taibo, Escritor na súa terra.

O sábado 16 de xuño tivo lugar a homenaxe a Nacho Taibo que organizou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo da distinción como Escritor na súa terra- escritor letra E. O acto, realizado en Santa Cruz, incluíu unha primeira parte onde se plantou un carballo, árbore escollida polo autor, á vez que se descubría unha pedra conmemorativa na que se recollía un texto de Nacho Taibo. A continuación tivo lugar un acto máis oficial no castelo de Santa Cruz. O autor, para alén de repasar a súa vida e obra, dedicou unha parte do seu discurso ao seu paso polo IES Neira Vilas.
Máis información…

Youtubers por un día

Youtubers por un díaA Concellería de Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros organizou o concurso “Youtuber por un día, o impacto igualinfluencer”, como actividade complementaria do programa de educación para a igualdade de xénero.
As alumnas que quedaron finalista no noso centro, están cursando 1º de ESO. Recibiron un diploma de participación que lle foron entregados nas aulas por representantes do concello. Os seus nomes son:

    • Paula Fernández Carrón
    • Sabela Martínez Navarro
    • Marina Franco Molina
    • Sofía Álvarez Fernández
    • Belén Martínez Pérez

Máis información…

Xornadas de acollida de novo alumnado

Como xa ven sendo costume no noso centro, o venres 8 de xullo organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto.
Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos.
Máis información…

Roteiro cultural

Os días 5 e 6 de xuño tivo lugar o Roteiro cultural que organiza o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, o IES Neira Vilas e o IES Miraflores. Este ano participou, ademais de alumnado doutros centros do concello, as rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Neira Vilas, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo da Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Departamento de Plástica.
Máis información…

Graduación 2º Bacharelato 2017-2018

O venres 29 de maio celebrouse no Auditorio do Centro Cultural e Deportivo de “A Fábrica” a graduación do alumnado de segundo de bacharelato da promoción 2017-2018.
Máis información…

Gap Year: Os camiños que non tomaches

Nestes momentos nos que o noso alumnado de 2º de Bacharelato vai ter que tomar importantes decisión en relación o seu futuro, aproveitamos para recordar a toda a comunidade educativa que os camiños que se lles abren son moitos e moi diversos.
Neste mesmo curso tivemos a sorte de contar ca colaboración do noso ex-alumno Antón Blanco Rey, que nos veu visitar para contarnos a súa experiencia de Gap Year.

Máis información…

Scape Room-STEM

O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM participou o pasado luns 28 de maio nunha actividade de “Scape room” levada a cabo no noso centro pola compañía Clue Hunter.
Máis información…

Homenaxe a Nacho Taibo

Os días 24 e 25 de maio tiveron lugar as xornadas dedicadas a Nacho Taibo. O venres 25, despois das dúas mesas nas que se falou do seu labor docente, o homenaxeado xunto cos compañeiros e parte do alumnado acudiu á aula 23 para descubrir os vinilos conmemorativos que recollían parte da súa obra e biografía, con motivo da dedicatoria na súa honra da aula na que se imparten actualmente as clases de Lingua e Literatura Galega.
Máis información…

Paisaxe e parques naturais

Baixo a dirección de Natalie Honan, auxiliar de conversa de inglés, e coa colaboración das profesoras Esther Díaz e Natalia Val, do departamento de plástica, e Mercedes Dopico do departamento de inglés, os alumnos de 1º ESO participaron no proxecto a paisaxe.
Elixiron un parque natural e buscaron información sobre o mesmo. Despois escribiron unha tarxeta postal imaxinando que o estaban visitando e contaron o que estaban a facer. Por último, debuxaron o parque e destacaron algunas das súas características e as actividades que podían facer alí. O seu traballo pódese ver no corredor do instituto.
Máis información…

A paisaxe e receitas

Baixo a dirección das profesoras Natalia Val, do departamento de plástica, Gloria Pérez, do departamento de inglés, e Natalie Honan, auxiliar de conversa desta lingua, os alumnos de 3º B ESO participaron no proxecto do centro, a paisaxe, coa elaboración duns posters.
Máis información…

Homenaxe a Nacho Taibo

Este ano a AELG decidiu escoller a Nacho Taibo, profesor que formou parte do claustro do IES Neira Vilas durante moitos anos, como “Escritor na súa terra – Letra E”, na súa vixésimo cuarta edición. O centro unirase ás homenaxes ao compañeiro coa organización dunhas xornadas dedicadas ao seu labor docente e creativo que terán lugar o xoves 24 e venres 25 de maio de acordo co seguinte programa:
Máis información…

Gañadores do “Desafío Cambio Climático”, Galiciencia 2018

Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.

Máis información…

Visita a Galiciencia 2018. Final do “Desafío Cambio Climático”

O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM visitará este venres 11 de maio a feira de investigación científica “Galiciencia 2018”, que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. En dito evento o alumnado asistirá e participará en diferentes conferencias e talleres relacionados co cambio climático, tema ó que se dedica esta edición de Galiciencia
Máis información…

Noticia dos exames DELF en “La Opinión”

Unha noticia do diario “La Opinión” informa sobre o alumnado do noso centro que se presenta ás probas DELF.
“La Opinión”

Día da Ciencia na rúa

O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.
Como ven sendo tradición nos últimos anos, o noso centro non faltou a esta importante cita ca ciencia cidadá. Neste edición participaron ó longo do día preto de cincuenta rapaces e rapazas realizando diferentes actividades científicas e explicándollas á xente que se acercaba.
Entre as actividades expostas polo noso alumnado podíamos atopar: O ladrón de xulios, anatomía con realidade aumentada, placas termoeléctricas, a fabricación de xabón, o funcionamento dos órganos do corpo, correntes de Foucault, pilas de froitas, flores de cores, libros inseparables, trucos de cartas, motor homopolar, a cicloide, a paisaxe celular, tren magnético e fluídos non Newtonianos entre outras.

Máis información…

Charla sobre diversidades sexuais

CharlaO pasado mes, Noa Osa, de 1ºA de ESO, impartiu unha charla sobre diversidades sexuais aos alumnos de 2ºESO do IES Salvador de Madariaga na materia de Valores Eticos. Como unha gran profesional aclarou difrentes termos e a diferenza entre orientación sexual e identidade sexual. Tamén explicou que é o colectivo LGTB e que accións realizan. Pero sobre todo, foi unha charla sobre o respeto, a aceptación e a integración.

Actividades de Educación Física

Actividades Educación Física
2º de ESO

Dende o Departamento de Educación Física en coordinación co concello de Oleiros que as financiou na súa totalidade, realizáronse varias actividades no mes de abril, dirixidas a distintos niveis educativos. Así pois, os alumnos de 2º de ESO, o martes 17 de abril foron ó pavillón de Bastiagueiro, onde realizaron a actividade de “Iniciación á Escalada”.

Máis información…

O Día Mundial da Poesía con Sentimentos de cor

Para celebrar o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o Equipo da Biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua expón no corredor do centro a escolma poética Sentimentos de cor. Os texos foron escritos polo alumnado de 2º A. Cada poeta tiña asignado un sentimento que debía relacionar cunha cor. Na súa composición debía integrar unha hipérbole, unha personificación, unha metáfora e unha comparación.
Máis información…

Xº Intercambio entre o IES PLURILINGÜE XOSÉ NEIRA VILAS e o COLLÈGE NOTRE DAME LE MÉNIMUR de Vannes

Un total de 40 alumnos de 3º, 4º de ESO, 1º de Bacharelato e BACHIBAC 1 participaron no Xº ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 12 ata o 24 de marzo. Estiveron acompañados dos profesores Xosé Antón García, Juan Santamaria e Carlos Vidal.
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas participou en diversas actividade e visitou á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Saint Malo, etc.); tamén asistirán ás clases no Collège-Lycée Notre Dame Le Menimur.
O alumnado BACHIBAC fixo unha inmersión lingüística reforzada para a preparación da proba externa e para superar o DELF B2.

Visita á Biblioteca Rialeda

O martes 3 de abril o alumnado de 4º da ESO acudiu á biblioteca Rialeda a un espectáculo poético visual a cargo de Yolanda Castaño. A actividade organizada desde a Rede de Bibliotecas Municipais contou coa colaboración no centro do Equipo de Biblioteca, O Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega.

Mateo Naya Seguí premiado no concurso “Descubrindo Oleiros”

O alumno Mateo Naya Seguí, de 1º de ESO, gañou co texto “Seixo Branco” un dos premios do certame de relatos “Descubrindo Oleiros” que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do concello. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, en colaboración permanente co Servizo de Normalización do concello, animouse a alumnado a participar.
Máis información…

Loitando por romper o teito de cristal

O día 8 de marzo estivo con nós Ariadna Fernández Palomo para falarnos sobre a “Muller e a Ciencia”. A súa formación ten que ver tanto co mundo das ciencias como das letras. Estudou farmacia e periodismo e actualmente investiga fórmulas cosméticas con principios activos galegos.
Empezou a súa exposición facendo entrega a cada alumno dun agasaio coa idea de preguntar ao final da sesión, cantos troques fixeran entre eles e así comprobar os estereotipos sexistas e prexuizos que temos.
Máis información…

Os alumnos de intercambio recibidos na alcaldía

Seleccionados no Rally Matemático 2018

A sección de matemáticas do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM, formada por dous equipos de 3º de ESO e un de 4º de ESO, participou o pasado 13 de marzo na XXVI edición do Rally Matemático sen Fronteiras.
Máis información…

Homenaxe á Nacho Taibo

A Asociación de Escritores en Lingua Galega escolleu a Nacho Taibo para que sexa o próximo Escritor na súa terra -Letra E. Para alén da homenaxe que a AELG lle rendirá en Oleiros no mes de xuño, o IES Neira Vilas organizará unhas xornadas na honra do compañeiro que exerceu como profesor de Lingua e Literatura Galega no centro durante máis de vinte anos. O 24 de maio dedicarase ao seu labor como creador de ficción a través dunha mesa literaria encabezada por Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, na que estará tamén o narrador Martínez Oca.

Máis información…

10 anos de Intercambios Escolares co Collège Notre Dame Le Menimur

40 alumnos e alumnas do centro están participando no intercambio co Collège Notre Dame Le Menimur entre os días 13 e 24 de marzo. No curso 2008-09 fixemos o primeiro intercambio e desde entón tivemos un total de 400 participantes.
Os Intercambios Escolares e o programa de dobre titulación en Bacharelato-Baccalauréat (único en Galicia) fixeron do noso centro unha referencia como Instituto Plurilingüe en francés.
O intercambio asegura unha inmersión lingüística xa que o alumnado ten que usar sempre o idioma francés, en diferentes entornos e grupos sociais. Ademáis de mellorar as súas habilidades comunicativas aumentan a motivación para seguir mellorando o seu nivel.
Máis información…

Concerto De Vacas

DeVacasO día 23 de febreiro o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu ao concerto de De Vacas que tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A asistencia ao concerto, organizado polo Servizo de Normalización do Concello de Oleiros, promoveuse desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego do instituto.

NeiraTED

NeiraTEDO venres 9 de marzo de 2018, con 3º ESO como escoitantes e espectadores activos, un grupo de entusiastas profesoras e profesores do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas puxeron en práctica a primeira sesión experimental de conversas educativas “NeiraTED” -inspiradas nos monólogos educativos da canle TED-, en torno á temática da paisaxe. Con diversas e complementarias metodoloxías, e durante dúas horas intensas, NeiraTED amosouse como unha transclase, interclase ou multiclase que tratou de rachar cos muros tradicionais existentes nas aulas diarias.

Mais información…

Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia

Parlamento_19_02_18O pasado 19 de febreiro realizouse a homenaxe no Parlamento de Galicia aos deportados galegos en Mauhaussen coa lectura pública dos cento noventa e tres nomes  realizada polo alumnado de 4º curso do IES Plurilingüe Neira Vilas e as palabras do presidente do Parlamento en presencia dos familiares, os representantes de todos os grupos políticos e as altas autoridades de Galicia.
Mais informacion…

Visita á UDC

Alumnos de 2º de bacharelato fixeron unha visita á Universidade da Coruña (UDC) para unha xornada de orientación académica organizada polo SAPE (Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante). Recibiron información sobre Enxeñeria e Arquitectura, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias.
Máis información…

Entroido 2018

O venres 9 de febreiro tivo lugar o festival de Entroido que todos os anos se vén celebrando no centro. O alumnado de 1º de Bacharelato encargouse de presentar o acto onde se recitaron os “testamentos”, os textos satíricos que as rapazas e rapaces do instituto realizan para comentar os acontecementos peculiares do curso escolar.
Máis información…

Investigando unha vacina para o VIH na DOMUS

Domus_01_02_2018

O pasado mércores 1 de Febreiro os alumnos de 1º BAC de Bioloxía e CUCI asistiron a un obradoiro de investigación do VIH no Laboratorio aberto da Domus onde seguiron o protocolo para desenvolver unha vacina que podería protexernos deste virus e axudar ás persoas infectadas. Analizaron as diferentes variantes do VIH e investigaron se unha candidata real á vacina, podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes, utilizando a técnica de electroforese.
Máis información…

Visita á Universidade de Santiago

O día 8 de febreiro un grupo de 12 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato viaxaron a Santiago para asistir a unha xornada de portas abertas organizada pola USC. De acordo coas súas preferencias visitaron as facultades de Farmacia, Bioloxía, Enxeñería Informática, Matemáticas, Xornalismo e Criminoloxía.
Máis información…

Experiencia de arqueoloxía e difusión no museo arqueolóxico

O día 18 de xaneiro o alumnado do 1º de ESO do Instituto Neira Vilas, acudiu ao museo arqueolóxico de A Coruña para realizar talleres de arqueoloxía. Alumnos monitores ensinaron aosseus compañeiros as pezas arqueolóxicas e deseñaron as guías didácticas para completar a información.
Máis información…

Gañadoras do concurso de fotografía

O 21 de decembro elexíronse as gañadoras do “Concurso de Fotografía Científico-Matemático” organizado por vicedireción, departamento de Física e Química e departamento de Educación Plástica. Dito concurso englóbase dentro do proxecto interdisciplinar de centro coordinado pola Biblioteca e cuxo título é “A Paisaxe”. Dende aquí a nosa noraboa ás alumnas: Irene Rodríguez (1ª clasificada), Orleni Mateo (2ª clasificada) y Clara María Bode (3º clasificada).

Máis información…

Investigando unha vacina para o VIH na DOMUS

Domus_01_02_2018

O pasado mércores 1 de Febreiro os alumnos de 1º BAC de Bioloxía e CUCI asistiron a un obradoiro de investigación do VIH no Laboratorio aberto da Domus onde seguiron o protocolo para desenvolver unha vacina que podería protexernos deste virus e axudar ás persoas infectadas. Analizaron as diferentes variantes do VIH e investigaron se unha candidata real á vacina, podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes, utilizando a técnica de electroforese.
Máis información…

Subvención do Concello de Oleiros

O Concello de Oleiros resolveu conceder na Xunta de Goberno do día 28 de decembro unha subvención ó IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas por importe de 4354 (catro mil trescentos cincuenta e catro) euros. O obxectivo desta subvención é colaborar na realización de diversas actividades didácticas e culturais (viaxes a entidades, museos, exposicións, concertos, representacións teatrais, Viaxe a Milán, Florencia, Turín), intercambio cultural co Collége Notre Dame le Ménimur, para 281 alumnos/as e viaxe de alumnos/as de Bachibac.

Visita á cidade de Vigo

O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato realizou unha saída a Vigo para ver o Pergamiño Vindel e visitar o Museo do mar. Durante a visita traballáronse contidos didácticos do Departamento de Lingua e Literatura Galega, do Departamento de Música e do Departamento de Bioloxía.
Máis información…

Actividade de final de trimestre

Performance PaisaxeA performance de final do primeiro trimestre adicouse á paisaxe como obxecto de traballo e estudo. Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar que durante este curso coordina a Biblioteca.
Como ven sendo habitual a colaboración de profesorado e alumnado deu lugar a un espectáculo audiovisual, teatral, declamatorio e discursivo no que participaron máis de 20 profesores e 50 alumnos.

Máis información…

Concurso de Samaín

O pasado 21 de decembro entregáronse os premios ás gañadoras do concurso de conxuros que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou no Samaín. As vencedoras foron as alumnas de 1º de ESO Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco. Pódense consultar os textos no blog da biblioteca “O faiado de Balbino”.

Vista á EDAR de Bens

Os días 21 e 28 de Novembro alumnos de ESO e 1ª de bacharelato fixeron unha visita, organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía, á planta de tratamento da augas residuais EDAR de Bens.
Despois dunha explicación do proceso de recollida e tratamento das augas fixeron unha percorrido polas instalacións.

Máis información…

Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda

Semana Neira Vilas 2017O venres día 1 de decembro tivo lugar a homenaxe a Neira Vilas. Todo o profesorado e alumnado reuniuse para escoitar as palabras do director do centro, de Pepe Carballude e do presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez. José Vázquez e Sarai Muiños, estudantes de 1º de Bacharelato, leron un poema do autor dedicado a Anisia Miranda e, para finalizar, Jesús Fernández, profesor do Departamento de Música, Laura Fernández, a Xefa de Estudos, e parte do alumnado interpretaron o poema “Ai, amor!”.

Máis información…

Semana Neira Vilas

Xosé Neira VilasDo 27 de novembro ao 1 de decembro este ano celebraremos a Semana Neira Vilas a través de varias actividades. Por unha banda, o Departamento de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Plástica convoca o concurso “As paisaxes de Anisia”. A partir da lectura de textos sobre a vida e obra de Anisia Miranda, o alumnado realizará unha obra plástica que recolla as súas imprensións. Por outra banda, o venres 1 de decembro haberá unha homenaxe na que participará todo o centro. Contarase coa presenza de Luis Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas, e Pepe Carballude. Ambos terán un encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para lembrar a figura do escritor e de Anisia Miranda.

Xornada de convivencia dos mediadores 2017

O pasado venres, 27 de Outubro, un grupo de mediadores e varios profesores fixemos unha ruta entre Baldaio e Caión. Esta xuntanza é sumamente importante, para lograr un sentimento de unidade e cohesión grupal.
Máis información…

Samaín 2017

Celebramos un ano máis o Samaín con un concurso de conxuros e outro de cabazas. Os alumnos poden escribir os seus conxuros e participar antes do día 10 de novembro. As cabazas poden traerse decoradas da casa ata o día 3 de novembro, día no que se decidirá cal é a cabaza gañadora.
Máis información…

Visita do alumnado do Lycée Notre Dame D’ Espérance de Saint Nazaire

Recibimos no noso Centro, durante os dias 23 e 24 de outubro, 12 alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato (Première et Terminale) que estiveron acompañados das profesoras Cécile Capdeville et Estelle Cervelli Journou.
A cidade da que veñen chámase Saint Nazaire, do Departamento de Loira Atlántico e na rexión dos Paises do Loira; na desembocadura do rio Loira . É famosa polas instalacións portuarias e polos seus asteleiros.
Máis información…

Meyem Sbaa, nova auxiliar de conversa de Francés

مريم السبع الأستاذة المساعدة الجديدة للغة الفرنسية

O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, único centro en Galicia con Sección Plurilingüe en Francés e tamén o único a ofertar o BACHIBAC de Galicia, ten o privilexio de acoller a Auxiliares de Conversa dende hai varios anos e o alumnado de francés de poder aproveitar para mellorar a súa competencia lingüística e ao mesmo tempo coñecer a través deles culturas de diferentes nacionais que lles servirán para o seu desenvolvemento persoal.
Este ano contamos con Meryem Sbaa de nacionalidade marroquí e natural de Sidi Slimane onde fixo o seu Bacharelato na opción Letras Modernas , sendo a primeira da súa promoción.

Máis información…

Aprendendo a mediar

Organizado polo Equipo de Convivencia e Mediación celebrouse o obradoiro “APRENDENDO A MEDIAR”, dirixido á alumnos que xa tiñan recibido formación sobre o tema en cursos anteriores. A súa duración foi de 12 horas e rematou a pasada semana.
Traballáronse as técnicas de mediación, partindo de supostos prácticos que eles mesmos plantexaron e que viven en primeira persoa nas aulas.
Máis información…

Profesora asistente de inglés

Durante o curso 2017-18 o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ten a sorte de poder contar con Nathalie Honan, “English Teaching Assistantship” do prestixioso programa Fulbright. Dito programa está patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos xunto co sector privado, tendo como obxectivo o financiamento de proxectos de investigación, formación e/ou ensino en diferentes países.
Máis información…

Vers Saint-Quentin

St_quentin_hotel_de_villeNo marco dunha colaboración entre a Académie d’Amiens e a Xunta de Galicia, o profesor de Xeografía e Historia, Xosé Antón García González, realizará un stage de jobshadowing (de 18 a 29 de setembro) no departamento de l’Aisne.

A estancia permitirá coñecer os métodos dos colegas franceses e realizar outras actividades que, sen dúbida, mellorarán o rendemento do noso Bachibac.
Máis información…

Máis novas do curso anterior….

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)