Homenaxe a Nacho Taibo

Os días 24 e 25 de maio tiveron lugar as xornadas dedicadas a Nacho Taibo. O venres 25, despois das dúas mesas nas que se falou do seu labor docente, o homenaxeado xunto cos compañeiros e parte do alumnado acudiu á aula 23 para descubrir os vinilos conmemorativos que recollían parte da súa obra e biografía, con motivo da dedicatoria na súa honra da aula na que se imparten actualmente as clases de Lingua e Literatura Galega.

A noticia dos actos foi recollida polo xornal “La Opinión”.

Deixar unha resposta