- Recolleremos os libros prestados do fondo da ANPA aos alumnos da convocatoria de setembro, así como ao resto do alumnado que non entregara os ditos libros de préstamo no mes de xuño.
- Recolleremos as solicitudes de libros para o curso 2018/2019.
Todolos artigos de: ANPA Arce IESP Neira Vilas
Fondo de libros da ANPA
Recollida de libros + entrega de solicitudes en xuño:
LUNS 25/06/2018 de 10:00 a 13.30 h e 16:00 a 18:00 h
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR “ENGLISH CLUB”
A actividade extraescolar organizada pola anpa “English Club” está conseguindo moitos éxitos, tanto aquí coma no centro de fala inglesa co que colaboramos, o Blackburn Central High School.
Na páxina do centro fan unha mención especial á nosa actividade, e alaban o enorme éxito que está tendo, tanto a nivel de aprendizaxe da lingua como das relacións interpesonais que se consiguen a través da comunicación entre o alumnado de ambos centros.
Noraboa a todos e a todas polo esforzo e os resultados acadados!!!
A INICIATIVA DA ANPA ARCE NEIRA VILAS
A ANPA ARCE NEIRA VILAS REALIZOU AS XESTIÓNS NECESARIAS PARA QUE ESTE PROXECTO PODA SER UNHA REALIDADE, CONTANDO CO APOIO DO CONCELLO DE OLEIROS DENDE O PRIMEIRO MOMENTO
O Concello está disposto a asumir o 50% dunha cuberta para a polideportiva do IES Neira Vilas
Oleiros, 19 de marzo de 2018-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá un encontro co xefe territorial de ensino, Indalecio Cabana, para demandarlle a construción dunha cuberta na pista polideportiva do IES Neira Vilas. Aínda que a Xunta de Galicia ten a competencia en exclusiva sobre os centros de ensino de secundaria, o Concello de Oleiros estaría disposto a asumir o 50% do custo da instalación dun teito na zona deportiva do instituto de Perillo.
“É unha obra que ten que facer a Xunta. Aínda que nos colexios de primaria si que hai cuestións que ten que asumir o Concello, nos centros de secundaria a Consellería de Ensino ten as competencias en exclusiva, pero estamos dispostos a aportar o 50% para que o alumnado do instituto de Perillo teña unha pista polideportiva cuberta. Aí está o noso compromiso. Agora agardaremos a decisión que adopta a Consellería”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.
CRITERIOS DA ANPA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS
-
A ANPA non está obrigada a conceder axudas económicas, pero está disposta a facelo sempre que as contas anuais previstas para o curso o permitan.
-
No caso de poder ofertar as ditas axudas aos socios e socias da ANPA, a cantidade sempre dependerá do saneamento das contas do curso en vigor.
-
Cada socio ou socia terá dereito a unha soa axuda económica por curso, entendendo que se lle concederá a de maior cuantía á que teña dereito.
-
Para ter dereito á axuda é requisito indispensable que o alumnado solicitante leve sendo socio da ANPA durante a lo menos 2 cursos completos e consecutivos a día 31 de decembro do curso en vigor, a excepción do alumnado de 1º ESO que só terán que formalizar o alta como socios ou socias antes do 31 de decembro.
-
O alumnado de Bacharelato está excluído da axuda para o intercambio a Francia por recibir a dita axuda dende o propio instituto. Non están exentos do resto das axudas que lles poidan corresponder dende a ANPA.
-
Para o curso 2017/2018, a previsión de concesión abrangue as seguintes actividades, ordenadas por prioridade, atendendo aos criterios de pertencer ao plan de estudios do centro ou ser actividade propia do ANPA e outros:
-
Intercambio a Francia.
-
Intercambio a Berlín.
-
Intercambio a Londres (English Club, actividade propia).
-
Viaxe Europea (Polonia).
-
Graduación de Bacharelato.
-
Excursión de 4º ESO.
Sen máis, tómase esta decisión a 17 de xaneiro do 2018.
A xunta directiva
ANPA Arce Xosé Neira Vilas
SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS
O Concello de Oleiros concedeu unha subvención de 1.380 € , segundo resolución de 28 de decembro de 2017, á Anpa Arce Neira Vilas para axuda das actividades extraescolares organizadas durante o curso.
Dende aquí queremos agradecer ao noso concello a súa implicación coa educación do noso alumnado.
A xunta directiva
BOAS FESTAS FAMILIA!!!
CONCURSO DO CLUB VOLEIBOL OLEIROS, UNHA PROPOSTA INTERESANTE PARA O NOSO ALUMNADO
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/2018
Estimadas Familias
Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós por este medio ou na oficina da Anpa os luns de 16:15 a 18:00 horas.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL
Convocase a todas as familias a asemblea xeral ordinaria para o próximo xoves día 05 de outubro ás 18:30 horas en 1ª convocatoria e ás 18:45 horas en segunda, no Instituto Xosé Neira Vilas coa seguinte orde do día:
1.-Aprobación das contas do curso 2016-2017.
2.-Aprobación orzamento do curso 2017-2018.
3.- Renovación xunta directiva.
4.-Exposición dos traballos realizados pola anpa nestes cursos:
a) Información sobre o funcionamento do Banco de libros de texto para posterior intercambio.
b) Información sobre as actividades extraescolares dos xoves e novas propostas.
c) Información sobre o apoio económico ás diferentes saídas propostas polo instituto.
5.- Proposta para cubrir a pista de arriba.
6.- Proposta de Proyecto de Inclusión Social en colaboración co instituto.
7.- Rogos e preguntas.
Perillo, a 26 de setembro de 2017
A Xunta Directiva

