Todolos artigos de: ANPA Arce IESP Neira Vilas

A INICIATIVA DA ANPA ARCE NEIRA VILAS

A ANPA ARCE NEIRA VILAS REALIZOU AS XESTIÓNS NECESARIAS PARA QUE ESTE PROXECTO PODA SER UNHA REALIDADE, CONTANDO CO APOIO DO CONCELLO DE OLEIROS DENDE O PRIMEIRO MOMENTO

O Concello está disposto a asumir o 50% dunha cuberta para a polideportiva do IES Neira Vilas

Oleiros, 19 de marzo de 2018-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá un encontro co xefe territorial de ensino, Indalecio Cabana, para demandarlle a construción dunha cuberta na pista polideportiva do IES Neira Vilas. Aínda que a Xunta de Galicia ten a competencia en exclusiva sobre os centros de ensino de secundaria, o Concello de Oleiros estaría disposto a asumir o 50% do custo da instalación dun teito na zona deportiva do instituto de Perillo.

“É unha obra que ten que facer a Xunta. Aínda que nos colexios de primaria si que hai cuestións que ten que asumir o Concello, nos centros de secundaria a Consellería de Ensino ten as competencias en exclusiva, pero estamos dispostos a aportar o 50% para que o alumnado do instituto de Perillo teña unha pista polideportiva cuberta. Aí está o noso compromiso. Agora agardaremos a decisión que adopta a Consellería”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

CRITERIOS DA ANPA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS

  1. A ANPA non está obrigada a conceder axudas económicas, pero está disposta a facelo sempre que as contas anuais previstas para o curso o permitan.

  2. No caso de poder ofertar as ditas axudas aos socios e socias da ANPA, a cantidade sempre dependerá do saneamento das contas do curso en vigor.

  3. Cada socio ou socia terá dereito a unha soa axuda económica por curso, entendendo que se lle concederá a de maior cuantía á que teña dereito.

  4. Para ter dereito á axuda é requisito indispensable que o alumnado solicitante leve sendo socio da ANPA durante a lo menos 2 cursos completos e consecutivos a día 31 de decembro do curso en vigor, a excepción do alumnado de 1º ESO que só terán que formalizar o alta como socios ou socias antes do 31 de decembro.

  5. O alumnado de Bacharelato está excluído da axuda para o intercambio a Francia por recibir a dita axuda dende o propio instituto. Non están exentos do resto das axudas que lles poidan corresponder dende a ANPA.

  6. Para o curso 2017/2018, a previsión de concesión abrangue as seguintes actividades, ordenadas por prioridade, atendendo aos criterios de pertencer ao plan de estudios do centro ou ser actividade propia do ANPA e outros:

  • Intercambio a Francia.

  • Intercambio a Berlín.

  • Intercambio a Londres (English Club, actividade propia).

  • Viaxe Europea (Polonia).

  • Graduación de Bacharelato.

  • Excursión de 4º ESO.

Sen máis, tómase esta decisión a 17 de xaneiro do 2018.

A xunta directiva

ANPA Arce Xosé Neira Vilas

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017/2018

Estimadas Familias

Temos previsto comezar coas Actividades Extraescolares o próximo xoves 19 de outubro.
Este ano temos algunha novidade. Votádelle unha ollada a este cartel informativo das actividades extraescolares que desenvolveremos este curso.
Se estades interesados aquí tedes a inscrición, que podedes enviar xunto coa Alta de socio, no caso de non ser socios da anpa para este curso, pois os prezos son moito mais altos no caso das persoas que non son socias (folla de alta de socia/o da anpa).
O prazo de inscrición comezará a partir do 26 de setembro ás 14:00 horas ata completar o aforo de cada actividade.

Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nó​s por este medio ou na oficina da Anpa os luns de 16:15 a 18:00 horas.

Un saúdo
​​

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL

Convocase a todas as familias a asemblea xeral ordinaria para o próximo xoves día 05 de outubro ás 18:30 horas en 1ª convocatoria e ás 18:45 horas en segunda, no Instituto Xosé Neira Vilas coa seguinte orde do día:

1.-Aprobación das contas do curso 2016-2017.

2.-Aprobación orzamento do curso 2017-2018.

3.- Renovación xunta directiva.

4.-Exposición dos traballos realizados pola anpa nestes cursos:

a) Información sobre o funcionamento do Banco de libros de texto para posterior intercambio.

b) Información sobre as actividades extraescolares dos xoves e novas propostas.

c) Información sobre o apoio económico ás diferentes saídas propostas polo instituto.

5.- Proposta para cubrir a pista de arriba.

6.- Proposta de Proyecto de Inclusión Social en colaboración co instituto.

7.- Rogos e preguntas.

 

Perillo, a 26 de setembro de 2017

A Xunta Directiva

 

URXENTE: NOVA ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO PENDENTES

Estimadas familias,

Estamos a recibir moitas solicitudes de libros de texto fora de prazo que non podemos atender axeitadamente, polo que comunicamos que todas as familias que teñan pendente a recollida de libros de texto para este curso deberán poñerse en contacto coa Anpa antes do venres 22 de setembro.

De non ter recibida comunicación algunha, a partir do venres 22 de setembro os lotes de libros de texto non recollidos serán repartidos entre as familias que quedan pendentes de recibilos.

Tamén pedimos que o alumnado pregunte ao profesorado polos libros de Xeografía e Historia,  Física e Química, Relixión, Valores e Tecnoloxía, xa que nos comunican dende o centro que seguramente non se utilizará libro de texto, polo que eliminaremos estes libros das solicitudes recibidas. No caso de precisar o libro por indicacións do profesorado, deberán enviarnos un correo electrónico solicitando o libro que corresponda.

As novas entregas de libros serán o luns 25 de setembro en horario de 16:00 a 18:00 horas na oficina da Anpa.

Un saúdo e rogamos máxima difusión