Todolos artigos de: ANPA Arce IESP Neira Vilas
Servizo de préstamo de libros de lectura
Comezamos este curso cun novo proxecto, o préstamo de libros de lectura.
Necesitamos as vosas donacións. Os libros de anos anteriores que xa non vaiades a utilizar servirán para ir facendo un fondo de libros que estará a disposición de quen o necesite.
Podedes entregar estes libros no local da ANPA os luns entre as 16:15 e as 18:00 horas.
Para o bo funcionamento deste servizo é necesario cumprir as normas seguintes:
- O préstamo será de 15 días, podéndose renovar no caso de non haber lista de espera.
- O retraso na devolución do libro traerá consigo un tempo de espera na seguinte solicitude. Este tempo será do dobre do retraso na devolución.
- A perda dun libro implicará tamén perder o dereito do uso do banco de libros de texto e deste servizo de préstamo.
O éxito deste proxecto depende de todos e todos nos podemos beneficiar. Dona os teus libros.
A Xunta directiva

LIBROS A DISPOSICIÓN DO ALUMNADO A DÍA 26/09/2016
O pasado martes día 20 de setembro foi a data na que se repartiron os libros dispoñibles do banco de libros da ANPA.
Houbo reservas que non foron recollidas ese día e non temos avisos dos alumnos conforme ainda necesitan estes libros, polo que os poñemos de novo a disposición de quen os necesite.
Entregaranse por rigurosa orde de solicitude no horario da ANPA os luns de 16:00 a 18:00 horas.
Adxuntamos a listaxe dos libros e agradecemos a colaboración de todos os que participades neste intercambio.
A Xunta directiva
INTERCAMBIO DE LIBROS
ASEMBLEA XERAL
Cartel da actividade English Club 2016/2017
Actividades ofertadas pola ANPA 2016/2017
Como cada curso estamos a programar as actividades extraescolares organizadas pola ANPA do centro. O horario será os xoves pola tarde, entre as 16:15 e 17:45.
Teléfono de contacto : 881 880858
Achegamos o formulario de inscripción no seguinte enlace:
Inscripción actividades ANPA (2016/2017)
Tedes a vosa disposición:
ROBÓTICA: Os alumnos constrúen o seu propio robot e diseñan o seu propio videoxogo.
Prezo da actividade 20 €/mes.
XADREZ:Unha divertida forma de desenvolver a concentración, creatividade, capacidade de análise, memoria e perseveranza. Ademáis poden competir con outros clubs. Prezo da actividade 20 €/mes.
ENGLISH CLUB: Reforzo de forma lúdica deste idioma facendo
curtametraxes, xogos e contacto por skype con nenos dun colexio británico. Prezo da actividade 20 €/mes.
TÉCNICAS DE ESTUDO: A través de dinámicas de grupo, xogos e concursos aprenden hábitos de traballo que despois lles permitan facer un estudio moito máis efectivo. Prezo da actividade 10 €/mes.
A inscripción nestas actividades é posible ata finales de outubro.
NOTA: Os prezos son para socios/as da Anpa Arce. Para non socios/as sería o doble en cada actividade.
Non podemos esquecer facer mención da colaboración da Ampa Arce na actividade de INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES, do cal se está a xestionar na actualidade a sua VIIIº edición. O apoyo e cooperación da Ampa nesta actividade, dirixida e xestionada polo Departamento de Francés, ven a ser cada curso escolar un dos nosos obxetivos primordiais polo que o proxecto vai significar no futuro dos nosos fillos.
SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS
O Concello de Oleiros concedeu ao noso centro a cantidade de 1.380,05 euros, en concepto de actividades didácticas correspondentes a xadrez e english club, segundo acordo da Xunta de Goberno Local do día 15 de outubro de 2015.
Adxuntamos a imaxe de dita resolución.
Intercambio de libros de texto
Xa sabedes a importancia que ten o banco de libros para a economía familiar, polo que animámosvos a todos e a todas a participar coas vosas doazóns, paso primordial para poder contar con libros para todo o alumnado, así como a facervos socios da anpa para poder seguir a traballar en proxectos como este.
A participación no intercambio de libros é totalmente voluntaria, pero tamén imprescindible para poder beneficiarse do mesmo.
Aquí tedes as normas básicas para participar no intercambio de libros de texto:
Decálogo do Intercambio de Libros
- O intercambio de libros é un acto totalmente voluntario e formarán parte todas as familias que doen os seus libros.
- Doar os libros da dereito a participar no intercambio, pero no garante que todo o mundo reciba os libros solicitados, xa que isto dependerá das existencias que haxa no fondo de libros.
- Haberá un intercambio no mes de xullo e outro en setembro.
- O alumnado que envíe a outra persoa a recoller os seus libros, que non sexa nai, pai, ou titor legal, deberá de proporcionarlle unha autorización por escrito.
- Cando o alumnado precise quedar con algún libro ata a convocatoria do mes de setembro ou para utilizalo outro curso máis, deberán comunicalo á anpa.
- Ningún alumn@ poderá prestar ningún libro do fondo a outr@ alumn@, nin sequera a membros da súa familia. Os libros prestados deberán de volver ao fondo da anpa cada curso, para que se poida facer un reparto xusto.
- O alumno que non devolva algún libro, ou teña débedas pendentes coa anpa, causará baixa na participación do intercambio.
- Os libros deben forrarse e marcarse indicando o nome cunha pegatina na portada exterior, deben coidarse, non pintarse con bolígrafos ni rotuladores. Recordade que son de todos e que despois outro alumno fará uso deles.
- O alumnado que non veña a recoller os libros que lle corresponda nas datas que se indican e non avise a anpa a través do enderezo electrónico, ou de ningún outro xeito, perderá o seu dereito a dispoñer deles.
- Formar parte da anpa fai posible que esta exista e poida representar ás familias ante a administración cando é necesario e organizar actividades tan importantes como esta dentro do instituto, así que non o dubides e faite soci@.
A xunta directiva