Arquivo da categoría: Dirección
Bos resultados na ABAU do noso alumnado. Parabéns!
Un ano máis o alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas acadou o 100% de aprobados na proba de acceso á Universidade. Toda a comunidade educativa felicita ao noso alumnado e deséxalles sorte na nova etapa que inician.
Os alumnos de 2º de bacharelato plantan unha árbore
O alumnado de 2º de bacharelato, dentro dos actos previstos de despedida do instituto, o mércores 24 de maio plantaron un magnolio no patio do centro. Continúan así unha tradición deste centro educativo. Cada promoción deixa unha árbore escollida por eles como lembranza do seu paso polas aulas do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
Licitación do servizo cafetería
Aberto o prazo de licitación para presentación de ofertas para a contratación do servizo de xestión e explotación do servizo da cafetería do centro de cara o vindeiro curso escolar 2016-2017, dende o día 4 de xullo ata o día 15 de xullo.
Para calquera dúbida contactar co centro en horario de 09:00 a 13:00 horas ou ben no correo electrónico do mesmo.
Boas festas e feliz ano novo
Renóvase parte do Consello Escolar
Segundo está establecido legalmente, cada dous anos procédese a renovación por metades dos Consellos Escolares. Este curso, no noso centro, toca cubrir as seguintes prazas: 3 correspondentes ao profesorado, 2 ás familias e 1 ao alumnado.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por resolución de 19 de setembro de 2014, procedeu a convocar as correspondentes eleccións que no IESP Xosé Neira Vilas celebraranse o día 27 de novembro no seguinte horario: 12.10 h claustro de Profesores; durante toda a xornada escolar, o alumnado; e de 16.15 a 19 h, os pais e nais ou representantes legais do alumnado.
Cerrado o prazo de presentación de candidaturas, foron proclamados as seguintes:
- Profesorado: José Carlos Vidal López, Isabel López Mariño e José Antonio Rodríguez Amedo.
- Familias: Anxo Xavier García Castro, Lorena Gómez de la Fuente e Roberta Susana Scarcella.
- Alumnado: Marta Castro Patiño, Pepa Mata Varela e Ana María Pirlive.
Cada mesa electoral poñerá a disposición dos electores as correspondentes papeletas e o número máximo de candidatos que se poderán votar en cada sector son: Profesorado, 2; Familias, 1; Alumnado, 1.
Como membro desta comunidade escolar tes unha responsabilidade: O DÍA 27 VEN A VOTAR.