Un grupo de 23 alumnos e alumnas do instituto visitou na mañá do 10 de maio os stands de Galiciencia na Tecnópole de Ourense. Alí coñeceron diversos proxectos científicos levados a cabo en centros de ensino galegos e doutras CCAA, nos que a posta en práctica de aplicacións móbiles para a realización efectiva de deporte de cara a previr enfermidades cardiovasculares, a posta en marcha dun alcoholímetro dixital co obxecto de previr unha condución temeraria ou a erradicación das velutinas a través dun fungo que resulta mortal para elas tiveron acollida especial entre o xurado do certame e entre o noso propio alumnado. Outras moitas experiencias enriqueceron a visita. Seguir lendo GALICIENCIA 2019