Os pasados 6 e 7 de maio de 2016 celebrouse no noso IESP o Segundo Obradoiro de Prácticas Restaurativas no entorno escolar. Foi ponente do mesmo Jean Schmitz, formador do International Institute for Restorative Practices. Asistiron un total de 17 participantes que puideron actualizar a súa formación nesta interesante metodoloxía ou mesmo acercarse por primeira vez a ela.
O obradoiro tivo un enfoque eminentemente práctico cara a que os asistentes puideran adestrarse na aplicación de diferentes técnicas restaurativas.
As Prácticas Restaurativas proporcionan un enfoque novo e diferente das estratexias para abordar a conflitividade e a disciplina escolar. Mesmo proporciona ferramentas para crear comunidade no centro educativo, mellorando as relacións persoais e o sentimento de pertenza ao grupo e tamén teñen un alto valor como metodoloxía pedagóxica no traballo de aula.