Arquivo da categoría: Departamento de Orientación

FORMACIÓN AVANZADA EN MEDIACIÓN

O luns 18 de decembro comezaron as sesións de formación avanzada en mediación para un grupo de alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO e 1º de Bacharelato que forman o equipo de mediadores/as do centro. A formación, subvencionada polo Concello de Oleiros e inscrita nas accións previstas no Plan de convivencia do instituto, continuará no mes de xaneiro con novas sesións para o alumnado e tamén para o profesorado.

Xornadas de acollida virtuais

Este coronabicho que nos ten confinados, sen poder ir ó Instituto para poder recibir ó alumnado de 6º do CEIP Valle-Inclán, fai agudizar o inxenio.
Olla esta presentación interactiva. Se tes mente investigadora, condición fundamental para ser un máis no Instituto, non che será complicado resolver uns retos que terás que ir resolvendo.
Os investigadores son curiosos por natureza. Antes, rastrean todas as pistas para dar solución ós desafíos.
Se sigues as INSTRUCCIÓNS ó pé da letra, descifrarás o código secreto que abre a porta do Instituto, donde atoparás algo INCRIBLE.

VISITA Á UDC

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O alumnado de 2º de bacharelato visitou o pasao xoves día 21 de febreiro á Universidade da Coruña. No percorrrido guiado por diversas facultades estiveron acompañados polos titores dos dous grupos (Ana Crego e Jorge Carlos Calle) e pola orientadora do centro Lourdes Otero. Podedes ler máis neste enlace:

https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/02/visita-universidade-de-coruna.html?spref=tw

Seguir lendo VISITA Á UDC