O día 15 de outubro acompañáronnos no noso centro as “nenas de Moscú”: Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Mavova. Unha experiencia vital dura e emocionante. A charla foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia e os alumnos Daniel Sánchez, Angela Fernández, Sandra González e Laura Fernández Lorenzo.
A experiencia da saída de España, mentres bombardeaban os barcos nos que ían os nenos no ano 1937, a vida en Rusia durante a Segunda Guerra Mundial e de novo a fame e os bombardeos, fixo que estas mulleres se convertisen nunhas activistas contra os horrores da guerra e o exilio.
Non puideron ver aos seus pais ata pasados máis de trinta anos porque o réxime franquista non llelo permitía. Foi en Cuba, a onde marcharon moitos destes nenos canda a revolución cubana, cando puideron reencontrase coa familia, grazas a axuda de xente como o “Che” Guevara. Todos ese nenos puideron estudar e ter unha vida digna, pero sempre quixeron volver á casa.
Estiveron connosco as “nenas” de noventa e un, oitenta e seis e oitenta e cinco anos para contárnolo.
O alumnado tivo moito interese en seguir falando coas conferenciantes e continuaron preguntando e fotografándose con elas.
A actividade na prensa: