DELF 2017
Un ano mais celebramos os excelentes resultados do alumnado do IESPLurilingüe Xosé Neira Vilas nos exámes de Francés Lingua Estranxeira // DELF, convocados polo Ministère de l’Éducation Nationale de Francia.
Os 38 alumnos presentados (de Secundaria, Bacharelato e Bachibac), acadaron os certificados DELF nas probas realizadas no mes de xuño de 2017.
A nosa mais sincera noraboa!
Máis información…
100% de aprobados do noso alumnado na ABAU. Parabéns!
Un ano máis o alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas acadou o 100% de aprobados na proba de acceso á Universidade. Toda a comunidade educativa felicita ao noso alumnado e deséxalles sorte na nova etapa que inician.
A nosa homenaxe á Carlos Casares
Unha pequena “instalación” nas escaleiras do noso centro recórdanos a súa obra. Dez carteis feitos grazas á creatividade do alumnado de Educación Plástica e Visual de varios niveis – coordinados pola súa profesora -. Co asesoría do Departamento de Galego e o apoio de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca.
Máis información…
Visita á exposición sobre a vida en Roma
O pasado día 1 de xuño, o alumnado de Primeiro da ESO visitou a exposición sobre a Roma do século I.
A través da reconstrución real e virtual, o alumando puido adentrarse nuhna rúa romana e nunha vivenda acomodada onde puideron ver como era a vida cotiá dunha cidade da Roma imperial.
Máis información…
Xosé Neira Vilas no Roteiro Cultural de Oleiros
Os estudantes dos centros educativos de Oleiros visitaron o noso Instituto dentro do Roteiro Neira Vilas. O alumnado de 3º curso organizou a visita dos compañeiros para ensinar a documentación e as lembranzas que ten o centro educativo deste ilustre escritor.
Máis información…
Graduación 2º Bacharelato 2016-2017
O venres 29 de maio celebrouse no Auditorio do Centro Cultural e Deportivo de “A Fábrica” a graduación do alumnado de segundo de bacharelato da promoción 2016-2017. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa, o concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade do Concello de Oleiros, Ignacio Crespo López, e a Agregada de Cooperación para o francés, Caroline Natali.
Máis información…
Como resultado do traballo interdisciplinar do segundo trimestre, a comezos de abril tivo lugar no IES a performance “Inhumano”, nesa dialéctica que este curso académico confronta humanidade e inhumanidade.
Aproveitando o 75 aniversario da Conferencia de Wannsee, na que se decidíu a posta en práctica da “Solución Final” e argallando así a posibilidade de entrar a fondo na novela de Laurent Binet “HHhH”, os distintos departamentos didácticos e alumnado revisaron o concepto de “Inhumano” desde diferentes ópticas.
Máis información…
Proxecto Terra: Visita á cidade de Porto
Os días 11 e 12 de maio, alumnado de 3º ESO participou nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso á cidade de Porto.
Acompañados por Xosé Antón García, Carlos Vidal e Jorge Carlos Calle , visitaron o primeiro día a Fundación Serralves, construción destacada do arquitecto Álvaro Siza, e realizaron un percorrido polo casco vello de Porto.
Os alumnos de 2º de bacharelato plantan unha árbore
O alumnado de 2º de bacharelato, dentro dos actos previstos de despedida do instituto, o mércores 24 de maio plantaron un magnolio no patio do centro. Continúan así unha tradición deste centro educativo. Cada promoción deixa unha árbore escollida por eles como lembranza do seu paso polas aulas do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
Máis información…
2ª promoción de Bachibac-Galicia do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas
En nome de toda a Comunidade Educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas dámoslle a nosa mais sincera felicitación polo éxito acadado na Proba Externa do Bachibac, ao aprobar, con moi boas notas, e obter así o título do BACCALAURÉAT francés os 6 alumnos que conforman esta 2ª promoción Bachibac-Galicia.
Moita sorte na nova etapa que comeza e tamén moitos éxitos para todos eles !!!!
Ciencia na Rúa 2017
O día 6 de maio, organizado polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, o noso centro participou na XXII edición de Ciencia Na Rúa.
Ao longo do día 46 alumnas e alumnos presentaron, con gran entusiasmo e interese, ao público experiencias sobre magnetismo e química.
IXº Intercambio Escolar // Chegada a Oleiros do Alumnado Francés.
O próximo sábado día 13 de maio chegarán a Oleiros 30 alumnas e alumnos do colexio COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES. O alumnado francés acolleu aos rapaces e rapazas do noso centro que participaron no Intercambio e que xa estiveron en Vannes.
Máis información…
O alumnado debate con Laurent Binet
O pasado 25 de Abril o alumnado de 4º de Historia plurilingüe tivo a ocasión de debatir por video conferencia con escritor Laurent Binet, premio Goncourt de novela, sobre o seu libro HhH.
Máis información…
Ruta ao Monte Xalo
Os alumnos de 1º de ESO, o 27 de Marzo (1º A) e o 3 de Abril (1ª B), realizaron unha visita didáctica polo Monte Xalo organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Actividades de Educación Física
Ao longo do mes de Abril os alumnos de centro participaron en actividades organizadas polo Concello de Oleiros e o departamento de Educación Física.
Actividade de Hip-hop
Xogos Populares
Iniciación á escalada
Viaxe Europea 2017
49 alumnas e alunmos da Sección Plurilingüe e de BACHIBAC realizaron a, xa tracidional, “VIAXE EUROPEA”, entre os dias 28 de marzo e 2 de maio. Visitaron o norte de Italia para coñecer as cidades de Milán, Florencia e Turín.
Galegos nos campos de exterminio
En días pasado no noso centro educativo realizouse o visionado do documental Mathaussen, regreso ó campo da morte sobre galegos no campo de exterminio cun debate posterior co seu realizador Manuel Torrente. Na actividade participou o alumnado de de cuarto curso e 1º de Bacharelato dentro das actividades do Departamento de Xeografía e Historia.
IX Intercambio Escolar I.E.S.Plurilingüe Xosé Neira Vilas -Collège Notre Dame de Vannes
Un total de 36 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO, 1º de Bacharelato e BACHIBAC 1 participaron no IX ÉCHANGE SCOLAIRE que tivo lugar entre os días 28 de marzo e 8 de abril. Estiveron acompañados dos profesores D Xosé Antón García , Juan Santamaría e Carlos Vidal.
Os alumnos ensinan o museo aos compañeiros
O pasado 10 de febreiro, os monitores de 1º de ESO realizaron a visita cos seus compañeiros ao museo arqueolóxico de San Antón de A Coruña. Alí mostraron e explicaron as diferentes pezas expostas nas vitrinas e plantexáronlles as actividades didácticas que deseñaran na visita preparatoria.
Parabéns dos representantes da Embaixada de Francia ó noso Instituto
O pasado 9/03/2017 acudiron ó noso centro os membros da Embaixada de Francia en España, Nicolas Kassianides, conselleiro cultural, director del Institut Français de España, Manuela Ferreira, agregada de Cooperación Educativa e Caroline Natalia agregada de cooperación para a lingua francesa.
Visita á Casa das Ciencias e Planetario
O 6 de Febreiro os alumnos de 1º de ESO visitaron co departamento de Bioloxía a Casa das Ciencias e o Planetario da Coruña, onde tiveron ocasión de interactuar coas diferentes actividades nela propostas e asistir a unha recreación, no Planetario, das últimas imaxes dispoñibles do noso Sistema Solar.
Máis información…
Os alumnos de 3º ESP visitan á Domus
O 2 de Febreiro os alumnos de 3º de ESO visitaron co departamento de Bioloxía a Domus, onde ademáis de interatuar coas diferentes actividades, tiveron oportunidade de asistir á explicación do funcionamento do corazón e posterior disección do mesmo, que eles mesmos puideron manipular para comprobar a súa anatomía.
Máis información…
Patinaxe sobre xeo
Ao longo do mes de febreiro, o departamento de Educación Física organizou a actividade “PATINAXE SOBRE XEO”. na que participou todo o alumnado coa materia de educación física, en xornadas de dúas horas cada grupo. Realizouse nas instalacións de Invernalia, no paseo marítimo Alcalde Francisco Vázquez, cunha porcentaxe alta de participación.
Máis información…
Entroido 2017
O 24 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces co gallo do Entroido. Mentres o xurado deliberou a quen concederlle os premios, tamén se recitaron desde o escenario do Salón de Actos os testamentos que preparou o alumnado do primeiro ciclo de ESO.
Obradoiro de banda deseñada 2017
Os días 7, 8 e 9 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu á Biblioteca Rialeda para asistir a un obradoiro de banda deseñada impartido por Fran Bueno. Traballaron as técnicas de elaboración dun cómic e realizaron un guión. Colaboraron na organización da actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Plástica, o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Lingua Castelá, Vicedirección, o Servizo de Normalización da Lingua Galega do Concello de Oleiros e a rede de Bibliotecas Municipais do concello.
Visita á Santiago de Compostela
O 7 de marzo, o alumnado de Historia da Arte e de Historia da Música e a Danza realizou unha saída a Santiago de Compostela. Visitaron á Catedral, incluíndo os tellados, e viron outros edificios significativos (Hostal dos Reis Católicos, Santo Domingo de Bonaval, Convento de Santa Clara) que lles permitiu repasar fundamentalmente o estudado da arte románica e barroca.
Máis información…
Charla sobre supercondutividade
Dentro do programa “APONTE” da USC (Universidade de Santiago de Compostela) o profesor Jesús Manuel Mosqueira Rey impartiu unha charla sobre supercondutividade dirixida á alumnado de 1º e 2º de bacharelato.
Alumnos contan a profesores a súa experiencia investigadora
Alumnos de 1º e 3º de ESO do noso Instituto relataron a súa actividade de traballo na clase de Historia. Foi realizado o pasado día 21 de Febreiro no Centro de Profesores de A Coruña a un grupo de docentes e dentro do curso “Fontes para a investigación Histórica” no que son relatores os profesores do Departamento de Xeografía e Historia, Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen G-Rodeja.
Xornada Informativa sobre a E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Coruña
O pasado 15 de febreiro, estiveron con nós Ignacio Colominas, director da escola de enxeñaría, e Iván Couceiro, para falarnos das grandes obras de enxeñaría que desenvolve un titulado que remata os dous graos que se poden cursar.
Concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”
O departamento de Normalización Lingüistica en colaboración co Departamento de Plástica organizaron o concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”. Os gañadores foron José Vázquez Longueira, Sarai Muíños Blanco, Rocío Pérez Colombo, Carla Franco Molina de 4º da ESO e Irene Míguez Gracia de 2º de Bacharelato.
Visita ao laboratorio aberto da Domus
O 13 e 20 de Xaneiro os alumnos de 4º de E.S.O. e Bacharelato de Bioloxía volveron ó Laboratorio Aberto da Domus onde esta vez participaron dunha práctica para a síntese dunha molécula que será parte dun novo fármaco que se está a investigar para o Parkinson.
Concurso de conxuros
O día 21 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os premios dos conxuros de Samaín, cuxa temática xiraba arredor do tema do proxecto deste curso no centro, “O Humano”, xa que o alumnado participante tiña que crear un conxuro para humanizar aquilo que lle resultase demasiado inhumano.
Visita ao Museo Arqueolóxico
Para organizar a próxima visita dos seus compañeiros, un grupo de alumnos de 1º de ESO estivo no Museo Arqueolóxico onde prepararon as actividades didácticas e o taller de arqueoloxía.
Máis información…
Charla con Xián Lois Alcayde Dans
O día 7 de decembro, no ámbito da Semana dedicada á lembranza do escritor Xosé Neira Vilas, o alumnado do centro tivo un encontro con Xián Lois Alcayde Dans, gañador do I Concurso “Balbino” de Relatos coa obra Camiños na sombra publicada por Fervenza Edicións.
Máis información e audio da charla …
Actividade sobre o Parkinson na Domus
O 13 e 20 de Xaneiro os alumnos de 4º de E.S.O. e Bacharelato de Bioloxía volveron ó Laboratorio Aberto da Domus onde esta vez participaron dunha práctica para a síntese dunha molécula que será parte dun novo fármaco que se está a investigar para o Parkinson.
Máis información…
Obradoiro sobre Biotecnoloxía na Domus
O 10 de Xaneiro os alumnos de 4º de E.S.O. e Bacharelato de Bioloxía visitaron o Laboratorio Aberto da Domus onde por unhas horas se transformaron en biotecnólogos, realizando unha transformación bacteriana co fin de buscar unha diana terapéutica para o tratamento conta a aterosclerose.
Máis información…
Obradoiro de Formación en Prácticas Restaurativas para o Alumnado
Con data 15 e 16 de decembro de 2016 desenvolveuse no noso IES un obradoiro de formación en Prácticas Restaurativas dirixido aos alumnos do Equipo de Convivencia e Mediación, obradoiro que ven a dar continuidade ás xornadas realizadas para o profesorado nos dous cursos anteriores.
HUMANO
Ven sendo tradición que o último día do primeiro trimestre se convirta nunha exaltación do #OrgulloNeira, coa colaboración sempre magnífica entre alumnado e profesorado para dar saída aos produtos finais dos proxectos interdisciplinares de cada ano.
O 21 de decembro de 2016, unha programación multidisciplinar que contou coa colaboración da totalidade de departamentos do IES Plurilingüe Neira Vilas puxo en marcha unha xeira que incluíu:
Nadal 2016
English Week
Un grupo de vinte e cinco alumnos de 2º ESO participou na English Week, actividade convocada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. A semana desenvolveuse entre os días 6 e 12 de novembro nos Peares.
Semana Neira Vilas
O mes de novembro é ben significativo para Xosé Neira Vilas. Por este motivo, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración con diferentes departamentos, organizaranse actividades na honra do escritor que dá nome ao noso centro. Ademais dun panel homenaxe onde cada membro da comunidade educativa poderá deixar unhas palabras na súa memoria, convócase un concurso-exposición de retratos en colaboración co Departamento de Plástica e Educación Audiovisual, baixo o nome “O teu Balbino do século XXI”.
MAGOSTO – SAMAÍN
O venres 28 de outubro tivo lugar na cuarta hora lectiva a celebración dun magosto para festexar a inminencia do Samaín. Á parte da tradicional degustación de castañas, houbo unha sesión de xogos populares.
Así mesmo, o Equipo de Dinamización da Lingua convoca o segundo certame de conxuros en galego baixo o lema “Fórmulas máxicas para humanizar o mostruoso”. O prazo para presentar os textos está aberto ata o 11 de novembro.
Certificados DELF 2016
Un ano máis celebramos os excelentes resultados do alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministère de l’Educación Nationale de Francia.
Os 45 alumnos do Centro presentados acadaron certificados DELF.
Máis información…
2ª convivencia con alumnado de Öckerö (Suecia)
Por segundo ano consecutivo o profesor de español Anders Sjostrom do centro educativo Seglande Gymnasieskola de Öckero (Suecia), púxose en contacto co nós para facer un encontro entre o profesorado e o alumnado do noso Centro.
Un total de 42 alumnos, dos que 22 estudian o español como 3ª lingua estranxeira, viaxan no veleiro T/S Gunilla acompañados de profesorado e a correspondente tripulación.
Máis información…
#Dadaillo
Unha vez máis, grazas a tod@s pola vosa colaboración. Bo verán.
Mini e Mero cantan no IESP Xosé Neira Vilas
O dia 20 de xuño, os músicos Mini e Mero darán un concerto para o alumnado e profesorado. Interpretarán poemas de autores galegos como Manuel María e Xosé Neira Vilas. O concerto quere homenaxear a Manuel María, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano, e tamén para festexar o fin de curso.
Máis información…
Graduación 2º Bacharelato 2015-2016
O venres 27 de maio tivo lugar no auditorio do centro cultural A Fábrica o acto de graduación da promoción de 2º Bacharelato 2015-2016, ao que asistiron alumnado, pais e representantes da comunidade educativa, así como o Alcalde do concello de Oleiros e unha representante da Embaixada de Francia.
Proposta de escolarización
Reunida a Comisión de Escolarización de Oleiros o día 01/05/2016, RESOLVEU propoñer a escolarización do alumnado que non foi admitido nos centros solicitados como primeira opción e aos solicitantes fora de prazo.
Visita ó Museo Arqueolóxico
O día 20 de Abril, e despois da visita preparatoria de marzo, o grupo de monitores acompañou ó resto do alumnado de primeiro da ESO ó museo arqueolóxico de San Antón para explicar os principais obxectos alí expostos e a realización de actividades prácticas, entre elas, coa catalogación das pezas, para rematar coa presentación dunhas actividades didácticas a realizar despois da visita.
Máis información …
Día das Letras Galegas 2016
O pasado 17 de maio, como é sabido por todos, foi o Día das Letras Galegas que este ano se lle dedicou a Manuel María. O alumnado rendiulle homenaxe ao poeta chairego de diferentes xeitos. Algunhas aulas fixeron poemas colectivos a partir de palabras extraídas da súa obra empregando unha técnica vangardista. A explicación do experimento e os poemas resultantes, ben orixinais, pódense consultar en “O faiado de Balbino” que é o blog na Biblioteca: http://iesneiravilas.org/biblioteca/.
Máis información…
Parabéns a todo o alumnado da 1ª promoción Bachibac
A primeira promoción de alumnado de Bachibac do noso centro (e tamén a 1ª de Galicia) superou na súa totalidade a Proba Externa do Bachibac.
No nome de toda a comunidade educativa dámoslle a nosas máis sinceras felicitacións e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos na nova etapa que comezan.
Máis información…
Visita ao Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón.
O día 16 de Marzo o grupo de monitores de primeiro curso da ESO acudiron ó museo arqueolóxico de A Coruña para preparar as visita e as actividades didácticas para seren realizadas polos seus compañeiros.
Día da Ciencia na Rúa 2016
O pasado sábado, 7 de maio, o noso centro participou no XXI Día da Ciencia Na Rúa. Dende as 11 da mañá ata as 7 da tarde, no parque de Santa Margarida na Coruña, unha nutrida representación do alumnado do centro presentou ao público asistente, unha colección de actividades e experiencias que trataban de popularizar e desmitificar o coñecemento científico.
Curso Internacional en Prácticas Restaurativas
Os pasados 6 e 7 de maio de 2016 celebrouse no noso IESP o Segundo Obradoiro de Prácticas Restaurativas no entorno escolar. Foi ponente do mesmo Jean Schmitz, formador do International Institute for Restorative Practices.
Máis información…
Viaxe Europea 2016
Máis de 50 alumnas e alunmos da Sección Plurilingüe e de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñezan cidades e países da U.E.. Este curso está programada a visita a Bélxica e coñeceremos a súa capital Bruxelas, sede oficial das institucións europeas; estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Ivana Mickovski . As datas da viaxe son do 13 ao 17 de maio.
Os alumnos de 1º de ESO entrevistan ao seu profesor Xosé Carballude
No salón de actos do instituto, o luns 18 de abril pola tarde, os alumnos de 1º da ESO fixéronlle unha entrevista ao profesor Xosé Carballude autor, entre outros, do libro Miña avoa ten 13 anos, libro lido anteriormente nas clases.
Olimpíada de Matemáticas
O pasado xoves 21 de abril tivo lugar a fase de zona da Olimpíada de Matemáticas de 2º da ESO. Este ano o noso centro estivo representado polas alumnas Noemí Muíños Blanco e Hellen Diel Veras e os alumnos Lucas Canle de Andrés e Jacobo Pita-Baamonde Vázquez.
VIIIº Intercambio Escolar // Chegada a Oleiros do Alumnado Francés
O pasado mércores dia 20 de abril chegaron a Oleiros 27 alumnas e alumnos do colexio COLLÈGE NOTREDAME LE MENIMUR DE VANNES.
Coma sempre teñen unha axenda moi apretada e aproveitarán para visitar A Coruña, Santiago de Compostela, as Rias Baixas e para acercarse a Portugal; teremos o sábado 23 de maio a tradicional “Cea da Amizade “ no Centro Cívico de Santalla – Santa Cruz que o Concello de Oleiros nos cede habitualmente.
Curso Internacional en Práctica Restaurativas
O próximo 6 e 7 de maio de 2016 terá lugar no noso centro un Curso Internacional en Practicas Restaurativas impartido por Jean Schmitz, intrutor do International Institute for Restorative Pratices. O curso está dirixido a Docentes, Orientadores Escolares, Psicólogos, Traballadores Sociais, Mediadores, Educadores, Avogados, Operadores de Xustiza, Funcionarios de Prisións, Policía Local e todos aqueles profesionais que estean en contacto co conflito.
Proxecto Terra
Os días 1 e 2 de abril, alumnado de 3º e 4º ESO participaron nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso a Ferrol e as Fragas do Eume.
Acompañados por Sandra Pérez Coto e Jorge Carlos Calle López, visitaron o primeiro día Ferrol, primeiro cunha actividade na aula de Ecoloxía Urbana e despois na Exposición Nacional da Construción Naval. Tras un percorrido en barco pola ría, con parada en Mugardos para xantar, a tarde completouse coa visita ao castelo de San Felipe e un percorrido polo barrio da Magdalena.
#Pascua
Co gallo do centenario do alzamento de Pascua en Irlanda, un grupo moi numeroso de profesorado e alumnado do centro educativo acometeu un proxecto de biblioteca interdisciplinar que achegase ao alumnado o coñecemento da cultura irlandesa nos seus máis variados aspectos (botánica, mitoloxía, literatura, ciencia e curiosidades varias), adobado cunhas pingas de música irlandesa que culminaron coa interpretación de “Zombie”, de Cranberries.
O alumnado de Historia da Arte Visita Santiago de Compostela
O 10 de marzo, o alumnado de Historia da Arte realizou unha saída a Santiago de Compostela onde visitaron á Catedral, incluíndo os tellados, e viron outros edificios significativos que lpermiten repasar fundamentalmente o estudado da arte románica e barroca. A xornada foi de día completo co transporte en tren.
VIII Échange Scolaire // Intercambio Escolar
Un total de 43 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIII ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 8 e 19 de abril. Estarán acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño , Don Juan Santamaría e Don Carlos Vidal .
Últimas saídas do alumnado de 4º ESO
O 8 de xaneiro de 2016 tivemos unha visita ao Museo de Belas Artes da Coruña. O alumnado visitou a exposición dos gravados de Goya e realizou unha práctica de gravado.
O 17 de febreiro o alumnado visitou a fábrica das patacas fritidas de Bonilla nunha saída organizada polo departamento de Economía.
Visita as facultades da Universidade da Coruña
O 4 de marzo o alumnado de 2º de bacharelato realizou esta visita, organizada polo departamento de Orientación, na que puideron coñecer as instalacións, funcionamento e contidos que se imparten en diversas facultades.
Os representantes da CIUG no noso centro
O día 12 de Febreiro, estiveron connosco dous relatores da Ciug ( Comisión Interuniversitaria Galega) para realizar unha xornada de orientación dirixida aos alumnos de 2º de bacharelato.
Máis información…
Obradoiro “Seguridade nas redes”
Os días 25, 26 e 27 de Xaneiro desenvolveuse o obradoiro “Seguridade nas redes”, impartido pola empresa de intervención social “Atalaia Social”.
O obxectivo é sensibilizar ao alumnado da necesidade do manexo responsable das novas tecnoloxías.
Entroido 2016
Promovido polo Departamento de Dinamización Lingüística tiveron lugar, do 1 ao 5 de febreiro, diversas actividades relativas a esta festa tradicional.
Cada día da semana houbo unha proposta de disfrace e o venres celebrouse un concurso de postres e outro de disfraces acompañados de desfile e testamentos do Entroido.
Concurso de conxuros
O pasado 18 de decembro entregáronse os premios aos autores dos textos que gañaron o concurso de conxuros: Noela Mato López (ESO 1A) e Javier Moya Sánchez (ESO 1B) así como á gañadora do concurso de cabazas, Clara Graña Castro (ESO 1B). Os certames foron organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua galega co gallo do Samaín. Pódense consultar os conxuros no blogue da Biblioteca do IESP: “O faiado de Balbino”.
Descubrindo Oleiros
A alumna Andressa Fernández Amador de 1º A recibiu un dos accésit do premio literario “Descubrindo Oleiros” que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, na categoría do primeiro ciclo da ESO. Andressa presentouse ao certame, no que participou alumnado de todos os centros educativos do concello, co relato “Detrás dun andel”. Recolleu o premio, xunto aos outros gañadores, o 22 de decembro no Auditorio da Fábrica. Parabéns, Andressa!
Boas festas e feliz ano novo
Hakaneira
O 18 de decembro de 2015, o IESP celebrou a macro-actividade #NeiraNunDía, unha co-participación da comunidade educativa ao longo de seis horas nas que o deporte, a investigación, a teatralización, a música, a chispa e o humor serviron para entrelazar aínda máis aos membros deste instituto.
Grazas a tod@s pola ilusión e o traballo amosado, en #NeiraNunDía, en Refuxiad@s e en #Hakaneira.
Homenaxe a Neira Vilas
A nosa Comunidade Educativa celebrou un acto de lembranza e homenaxe a Xosé Neira Vilas o día 4 de decembro.
Interviu en primeiro lugar o director para salientar a honra de levar o seu nome e lembrar o agarimo que el sempre sentiu polo noso centro. Falou a continuación Xosé Carballude, como profesor e amigo que foi do egrexio escritor, para dar paso a continuación a unha ampla representación de nosa colectividade (alumnado, persoal non docente e familias) que leron diversos textos nas diversas linguas de orixe de todos eles. Interviu a continuación a Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros e pechouse o acto con dúas actuacións musicais.
Eu son Neira Vilas
O día 3 de novembro o escritor Xosé Neira Vilas festexaba o seu aniversario. Desde o IESP enviouse un vídeo-agasallo no que o profesorado, alumnado e persoal do centro asumía a personalidade do escritor partindo da célebre frase coa que comeza “Memorias dun neno labrego”. O que ía ser un agasallo converteuse o día 27 nunha homenaxe a súa vida e obra.
Solidarité
Au lycée IESP Xose Neira Vilas de Oleiros où l’on étudie votre langue et votre culture, celles d’un pays que l’on aime tellement, nous pensons à vous.
Tous ces évènements nous ont énormément touché et bouleversé.
On vous embrasse très très fort.
La Communauté Éducative du lycée IESP Xosé Neira Vilas de Oleiros ( A Coruña) – Espagne.
Versión en galego e máis información…
Magosto-Samaín 2015
O EDLG organizou na semana do 9 ao 13 de novembro unha serie de actividades para festexar algunhas das celebracións máis características deste mes.
Actividade de remo
O día 21 de outubro os alumnos de 1º de ESO realizaron unha actividade, promovida polo Concello de Oleiros, de iniciación ao kaiak e remo, impartida polo Clube de Remo de Perillo.
Día da Ciencia en Galego
Un ano máis festéxase o Día da Ciencia en Galego coa colaboración da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua.
Parabéns a Xosé Neira Vilas
O pasado 3 de novembro foi o cumpreanos do escritor e amigo Xosé Neira Vilas. Desde o instituto desexóuselle un aniversario ben feliz a través dunha felicitación e un vídeo realizado polo Departamento de Dinamización da Lingua e o Departamento de Actividades Extraescolares no que colaborou o profesorado, conserxes e alumnado.
#BackToSchool
O pasado 29 de outubro, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato participou na experiencia #BacktoSchool da man dos funcionarios europeos Marcos Pérez e Paula Álvarez.
Os outros exilios
O día 15/10/2015 celebrouse unha charla sobre o exilio de nenos e nenas durante a Guerra Civil. Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Mavova, tres “nenas de Moscú” relataron a súa experiencia vital.
Campaña de recollida de alimentos
O noso instituto súmase á campaña de recollida de alimentos, organizada polo Banco Solidario do Voluntariado de Oleiros do 3 ao 13 de novembro. Invítase a todos os membros da comunidade educativa, que podan facer este esforzo, que aporten conservas animais ou vexetais, aceite, vinagre, fideos, fariña ou sucre.
Ruta do Seixo Branco en bicicleta
Suspéndese esta actividade ata novo aviso.
Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria
O pasado 16 de Outubro, María Blanco Suárez, psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña impartiu unha charla sobre a “Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria”, ó alumnado de 4º de ESO.
Actividades ofertadas pola ANPA para o curso 2015-16
O día 15/10/2015 iniciaronse as actividades extraescolares organizadas pola ANPA do centro. O horario será os xoves pola tarde, entre as 16:15 e 17:45.
Tedes a vosa disposición: Robótica, Xadrez, English club, Técnicas de Estudo.
Certificados DELF 2015
Excelentes resultados do alumnado do IES P Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministerio de Educación de Francia.
Convivencia con alumnado de Öckerö (Suecia)
Do 24 ao 29 de setembro, o alumnado de primeiro de bacharelato disfrutou dunhas xornadas de convivencia cun grupo de alumnos do instituto de ensino secundario Seglande Gymnasieskola de Öckero (Suecia) que chegaron á Coruña a bordo da bricbarca Gunilla.
Xornada de Convivencia e adestramento en técnicas de mediación
O pasado luns, 28 de setembro, o Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha excursión a Ferrol, Mugardos e Montefaro. No transcurso dun fermoso e soleado día, os integrantes do equipo visitaron o gran Castelo de San Felipe, unha fortaleza militar construída a finais do século XVI para defender a ría e a cidade de Ferrol (coido que naqueles tempos non había mediadores).
Solicitude de axudas e préstamos para libros de texto, curso 2015/2016
A Secretaría do Centro publicou información sobre as axudas para a adquisición de libros de texto para o seu uso no curso escolar 2015/16.
Sostible
O 19 de xuño, como finalización do curso académico, o IESP puxo en escena a performance “Sostible”, Proxecto de Biblioteca no que se traballou durante o último trimestre por parte de máis do 40% do profesorado do centro educativo. Contou coa participación directa de máis de 50 alumnas e alumnos dos diversos niveis e volveu amosar unha estreita colaboración alumnado-profesorado, da que temos a ben facer gala neste instituto.
Grazas a tod@s pola vosa participación e bo verán.
Olla algunha actuación, por Cortesía de Carmen Rodríguez Coronado: Lucía e Xoan [1, 2]; outro alumnado de 4º ESO; Antón, Laura e Marta.
Olla o vídeo de consellos ecolóxicos do alumnado de 1º ESO e o vídeo-poema de Davi Carro, alumno de 2º ESO.
Olla algún outro vídeo aquí.
Entrevista a Marie-Noëlle Chapelle
“Para min foi un reto o traballo tan participativo e interactivo no Neira Vilas”
Marie-Noëlle Chapelle, belga de Fleurus, de vinte seis anos é licenciada pola universidade de Lovaina, foi a lectora de Francés durante este curso 2014 15 no noso Instituto
Graduación 2015
O venres 29 de maio celebrouse no noso centro a graduación do alumnado de segundo de Bacharelato. Ao acto asistiu o alumnado, as súas familias, representantes da comunidade educativa e a Concelleira de Deportes, Turismo e Formación e Emprego do Concello de Oleiros, Teresa Vázquez Maseda.
Ruta dos pazos en bici
Organizado polo departamento de Normalización Lingüística e coa participación de pais, alumnos e profesorado, o día 13 de xuño, realizouse a “Ruta dos pazos en bici” . Visitamos os pazos de Lóngora, Franzomel, Xaz, Miraflores e Montrove (Pazo Do Río).
Os participantes disfrutaron do percorrido e do bon tempo sen máis incidentes que algún pinchazo e co desexo de repetilo en próximos cursos.
Xornada de Acollida
Como case todos os anos, cando se achegan estas datas, é costume no Instituto celebrar unha Xornada de Acollida cos alumnos de 6º de Primaria, do noso centro adscrito. Esta Xornada desenvolveuse o pasado Xoves 28. Primeiramente tivo lugar un acto de benvida no Salón de Actos para despois pasar a explicarlles as características máis destacadas da etapa de Secundaria e os cambios que se aveciñan coa aplicación da LOMCE. A continuación oito alumnos mediadores fixeron un percorrido polas instalacións do Instituto, ocupándose cada dous mediadores de 14 alumnos, e terminaron no patio sentándose en círculos e lles comentasen todo aquilo que lles preocupaba e querían saber, así como os mediadores lles contaban de primeira man, como foron as súas vivencias cando eles chegaron ó Instituto.
Alumnado admitido
Prácticas Restaurativas
O Equipo de Convivencia e Mediación fixo unha valoración das Xornadas de Formación en “Prácticas Restaurativas”, impartidas por Vicenç Rul·lan. Psicólogo escolar e mediador. Profesor de secundaria, coordinador do grupo de Prácticas restaurativas do ICE-IRIE da UIB e da Asociación de Xustiza e Práctica Restaurativa, para coñecer o grao de satisfacción e opinión dos participantes. O número de asistentes ás xornadas foi un total de 14, sendo un total de once as que fan a enquisa.
Investigando na DOMUS
Organizado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, no pasado mes de abril, fixéronse dúas visitas á DOMUS.
O 17 de abril un grupo de alumnos de 4º de ESO realizou un taller de experimentación co título “¿Como se desenvolven os medicamentos?
O experimento consistiu na síntese dunha molécula, nitroso de primidona, que se emprega na investigación dun novo fármaco para o Párkinson.
O 27 de abril outro grupo de alumnos de 1º e 2º de Bacharelato participou na investigación dunha vacina contra o VIH.
Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam
Un grupo de máis de 50 alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas participou na Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam, a capital de Holanda, desde o 30 de abril ata o 4 de maio.
Aloxados á beira de Vondelpark, visitamos a pé os lugares máis emblemáticos da cidade e vivimos experiencias que non habemos de esquecer.
Consulta algunhas fotos da viaxe aquí.
Recollida de aceite
Dentro do proxecto de colaboración coa cooperativa “Mulleres colleiteiras” instalouse un contedor para recoller aceite usado.
Pídese a colaboración de toda a comunidade educativa, especialmente das familias, para acadar a maior cantidade posible de aceite reciclado de aquí ao 5 de xuño (O día Mundial do Medio Ambiente).
ÉCHANGE SCOLAIRE // INTERCAMBIO ESCOLAR
O próximo luns 4 de maio chegarán a Oleiros 33 alumnas e alumnos do colexio Collège Notre Dame Le Menimur de Vannes.
Virán acompañados de 3 profesoras.
Desexámoslles unha boa estadía e que desfruten da nosa terra.
“VIAXE EUROPEA 2015” PAISES BAIXOS – AMSTERDAM
54 alumnas e alumnos da Sección Plurilingüe e este ano tamén os de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñecen cidades e países da U.E., este curso a Amsterdam e estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Marie-Noëlle Chapelle . As datas da viaxe son do 30 de abril a 4 de maio.
PRESENTACIÓN DO PROXECTO “MULLERES COLLEITEIRAS”
O 9 de Marzo os alumnos de 1º e 2º ESO asistiron á presentación do proxecto de recollida de aceite usado da cooperativa “Mulleres Colleiteirias”.
Á DESCUBERTA DA ARQUITECTURA E A PAISAXE: VISITA A GUIMARÃES ( PORTUGAL)
Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança.
CONCENTRACIÓN DE REPULSA
O martes, 21 de abril as 12 do mediodía, a comunidade educativa do IESP Xosé Neira Vilas concentrouse, nun minuto de silencio, para protestar polos sucesos acontecidos onte nun instituto de Barcelona.
INVESTIGANDO NO MUSEO ARQUEOLÓXICO
O pasado día 15 de Abril o alumnado de 1º curso realizou prácticas de arqueoloxía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia: Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen García Rodeja e guiados polos seus compañeiros monitores.
PRÁCTICAS RESTAURATIVAS
O pasado venres 10 e sábado 11 de Abril, un grupo de profesores e varios Educadores Sociais do Concello, participamos nunha sesión de formación sobre Prácticas Restaurativas.
Con Vicenç Rul.lan., Psicólogo escolar e mediador, fomos vendo o amplo espectro das Prácticas Restaurativas desde accións máis informais como poden ser as declaracións e preguntas afectivas e a súa aplicabilidade dentro da aula, ata procesos máis estruturados como os círculos restaurativos e reunións formais. Está baseadas na comunicación non violenta como unha maneira de expresarse e de dialogar que facilita a comprensión entre as persoas.
O QUE MOVE O MUNDO
O venres 10 de abril, e dentro dos actos da Semana Intercultural, tivo lugar a performance “O que move o mundo”, espectáculo que contou coa participación directa de máis de 30 alumnas e alumnos -de todos os niveis educativos, desde 1º ESO a 2º Bacharelato- e a estreita colaboración de oito profesoras e profesores. O motivo central xiraba en torno a unha historia relacionada co libro de Kirmen Uribe “Lo que mueve el mundo”.
A VIDA UNIVERSITARIA
O xoves 9 de abril enmarcada nos actos da Semana Intercultural tivo lugar a mesa redonda “A Vida Universitaria” a cargo de Roi Millán (diplomado en enfermería, licenciado en medicina e actualmente estudante de MIR), Víctor Sanmartín (graduado en matemáticas e estudante no Doutoramento en Matemáticas) e Mª Isabel Borrajo (licenciada en matemáticas e actual estudante de doutoramento no Departamento de Estatística e Investigación Operativa).
VISITA A SANTIAGO
O mércores 8 de abril o alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para ter unha clase práctica coas obras santiaguesas da proba de selectividade.
ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. [Orde do 2 de marzo de 2015 (DOG)]
Máis información na páxina da consellería.
ADMISIÓN DE ALUMNADO
Publicadas os postos escolares no centro para o vindeiro curso 2015-2016.
Máis información sobre o procedemento e calendario para a admisión de alumnado no IESP Xosé Neira Vilas.
XORNADAS DE XOGOS POPULARES
O día 26 de Marzo, organizouse a través do concello, unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS.
Os nenos e nenas participaron de forma activa e gozaron dunha xornada distinta e creemos que divertida aprendendo outra forma de xogar.
VISITA Á UNIVERSIDADE
O alumnado de 2º de bacharelato acudiu o pasado venres 6 de marzo a varias facultades da Universidade da Coruña.
Visitaron as instalacións e recibiron información de primeira man por parte do profesorado e alumnado dos distintos centros universitarios.
ÉCHANGE SCOLAIRE// INTERCAMBIO ESCOLAR
VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-
O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.
AS AVOAS CONTAN
O 5 de marzo celebrouse no instituto un encontro emotivo e dos que non se esquecen. Foi unha homenaxe ás mulleres traballadoras e tivo por protagonistas ao alumnado de primeiro de ESO e catro avoas.
CURSO DE PRÁTICAS RESTAURATIVAS
O Equipo de Convivencia e Mediación do IESP Xosé Neira Vilas organiza un curso, aberto á toda a comunidade educativa, sobre “Prácticas restaurativas no centro educativo e na comunidade” os dias 11 e 12 de Abril.
MONITORES NO MUSEO
Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.
COUSAS DE SUPERHEROES: ENTRE A FÍSICA E A LINGUA
O 24 de febreiro, Luciano Denardin de Oliveira, profesor de Didáctica da Física na PONTIFÍCIA UNIVERSIDADE CATÓLICA do Rio Grande do Sul (Brasil) impartiu no noso centro a charla: “Cousas de superheroes: entre a Física e a Lingua”
HOMENAXE A ROSALÍA
O pasado día 24 de Febreiro, día de Rosalía, o alumnado do IES Neira Vilas participou na homenaxe a Rosalía de Castro co recitado de versos da poeta. O acto foi realizado no Ágora de A Coruña e organizado pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega).
FACENDO FILLOAS E CRÊPES
Celebramos o Entroido facendo filloas e crêpes.
VISITA Á EDAR
O 28 de xaneiro, o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e o de Ciencias da Terra e Ambientais de 2º de BAC realizou un visita á Estación Depuración de Augas Residuais (EDAR) ubicada en Bens e que presta servicios aos Concellos de Oleiros, Culleredo, A Coruña, Cambre e Arteixo
NUTRICIÓN SAUDABLE
O día 30 de Xaneiro impartiuse a charla co título “Nutrición e saúde pública”, dirixida ó alumnado de 3º curso, a cargo de Dolores Prieto, farmacéutica e nai dunha alumna dese curso.
PREVENCIÓN E SAÚDE
O día 28 de Xaneiro celebrouse a conferencia titulas: “Etioloxía e prevención de enfermidades comúns” impartida pola doutora Vázquez Lema experta en medicina preventiva e coordinadora do plan de Ébola para Galicia, dirixida ó grupo de 3º da ESO dentro das actividades da materia de Xeografía.
SOTAVENTO
Participou nesta visita o alumnado de Física e Química de 4º da ESO, 1º e 2º BAC xunto con PDC de 4º da ESO.
O contido da visita centrouse nas enerxías renovables e na eficacia enerxética. Aínda que non foi posible visitar o aeroxerador polas condicións meteorolóxicas, resultou moi positiva tanto na información transmitida como no trato recibido.
IESP XOSÉ NEIRA VILAS : NOUS SOMMES CHARLIE
Con motivo dos atentados ao CHARLIE HEBDO en Paris o alumnado e o profesorado do IESP Xosé Neira Vilas mandou ao Director do Centro L.M. Soupiot, co que levamos facendo o Intercambio Escolar (COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES) un correo electrónico de solidariedade e de repulsa por estes feitos, acompañado dunhas fotos..
IMOS DE EXPOSICIÓNS
Como peche do primeiro trimestre, o alumnado de 1º da ESO visitou as exposicións “A vangardas das formas”, sobre a obra cerámica de Isaac Díaz Pardo, e “O Ártico rompe”, que presenta como é este lugar do noso planeta e o papel que desempeña na nosa vida.
Taller de gravado no Museo de BBAA
O alumnado de cuarto acudiu o día 19 de Decembro ao museo de BBAA da Coruña para profundar na obra de Goya e para participar nun taller de gravado, tamén foi aproveitada a visita para ver as obras contemporáneas alí expostas. Foi organizado polo Departamento de Xeografía e Historia e acompañados polos profesores Xosé Antón García e Carmen Rodeja.
Inmersión lingüística nos Peares
Durante o mes de novembro o alumnado de terceiro curso da ESO do noso centro tivo a oportunidade de pasar unha semana no lugar de Os Peares nun campamento lúdico e participativo co obxectivo de mellorar o nivel de inglés.
Día da Ciencia en Galego
O mércores 5 de novembro o alumnado de 4º de ESO participou nunha videoconferencia con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organizada pola Coodinadora Galega de ENDL.
Subvención do Concello de Oleiros
O Concello de Oleiros concedeu ao noso centro a cantidade de 5.250 euros, en concepto de actividades didácticas e culturais (viaxes culturais, concertos, visitas culturais, etc.), para 270 alumnos-as e viaxe fin de etapa para 21 alumnos-as, segundo acordo da Xunta de Goberno Local do día 5 de novembro de 2014.
Novos mediadores do Neira Vilas
Dende o pasado mércores 5 de novembro ata o 10 de decembro desenvolveuse no centro cultural A Fábrica de Perillo un novo Obradoiro de Formación en Mediación Escolar.
Parabéns a todos e o noso agradecemento a Octavio, que impartiu a Formación, e á Concellería de Cultura do Concello de Oleiros, que nos apoia neste proxecto e nos axuda a mantelo vivo.
#Igualágrimas
10 de decembro de 2014. Salón de Actos do IESP Xosé Neira Vilas. O Día Internacional dos Dereitos Humáns conmemórase no noso centro educativo cunha lembranza cara aos ¿desaparecidos? de Ayotzinapa -unha escola de mestres de Iguala-, México, hai meses. As primeiras análises de restos humanos dun vertedoiro conclúen que un dos 43 foi atopado alí.
Mais Información…
Obradoiro de Estarcido
O Proxecto de Desenvolvemento Creativo do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa trouxo ao noso instituto ao artista plástico Nine que desenvolveu un obradoiro de iniciación ao estarcido co alumnado de 1º da ESO.
Renóvase parte do Consello Escolar
Segundo está establecido legalmente, cada dous anos procédese a renovación por metades dos Consellos Escolares. Este curso, no noso centro, toca cubrir as seguintes prazas: 3 correspondentes ao profesorado, 2 ás familias e 1 ao alumnado.
Como membro desta comunidade escolar tes unha responsabilidade: O DÍA 27 VEN A VOTAR.
Hora de ler
Por segundo curso consecutivo ponse en marcha no noso centro esta actividade coa que se pretende ampliar o interese pola lectura na nosa comunidade educativa con vinte minutos de lectura cada día nos que cada un poderá ler o libro que máis lle interese.
Visita ao MUNCYT
O 13 de novembro de 2014, o alumnado de Ciencias do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato realizou unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña, participando no programa didáctico “Desafíos MUNCYT”. A actividade incluíu a visita a todas as salas, con especial atención á Sala Miscelánea, a Sala Iberia e a exposición temporal sobre sismos. Experimentar, entender e descubrir foron habilidades especialmente desenvolvidas nesta visita… que non será a última!”
Curso residencial en Inglés para alumnado de 3º da ESO
O IESP Xosé Neira Vilas participa este curso por primeira vez no Programa de Cursos Residencias de Inmersión en Inglés organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa incorporación aos mesmos de 25 alumnos e alumnas de 3º da ESO.
Espectáculo no teatro Rosalía
A primeira representación ofertada en QUE ESPECTÁCULO tivo lugar no Teatro Rosalía Castro de A Coruña, o día 10 de outubro, ás 20.30 h. Un total de 26 alumnos do primeiro ciclo da ESO asistiron á representación de En un lugar del Quijote pola compañía Ron Lalá.
Uso seguro e saudable das novas tecnoloxías
O Ministerio do Interior, a través do Corpo da Garda Civil, e dentro do PLAN DE CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR imparte unha serie de charlas dirixidas ás familias e alumnado.
Nova Actividade: “Que Espectáculo!”
Ponse en marcha no instituto o programa QUE ESPECTÁCULO! Grazas a el, o alumnado do noso centro poderá asistir a diversos espectáculos de artes escénicas e musicais en funcións para público xeral e, polo tanto, fóra do horario lectivo.
Actividades Extraescolares 2014-2015
Co arranque do novo curso, ponse en marcha o proceso de inscrición nas actividades extraescolares que se iniciarán o día 2 de outubro baixo o título OS XOVES, O NEIRA PUNTO DE ENCONTRO.
Impartirase teatro, intercambio de inglés, xadrez, danza, robótica, técnicas de estudo e ciencia divertida. Todas as actividades realízanse os xoves pola tarde e o prazo de inscrición remata o día 26 de setembro.
Certificados DELF
Un ano máis o alumnado do IESP “Xosé Neira Vilas” obtén excelentes resultados nos exámes de Francés convocados no mes de xunio polo Ministerio de Educación de Francia.
BACHIBAC – Curso 2014-2015
A partir de setembro 2014, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, único centro Plurilingüe en francés en Galicia, será tamén o primeiro centro de toda a Comunidade en ofertar o programa binacional Bachibac.
O Instituto nos medios
Pode ver a noticia na páxina da TVG.
Libros de texto. Curso 2014-2015
Xa se pode consultar a relación de libros de texto para o curso 2014-2015.
Comenius Regio
[21/10/2014]
O noso centro participa, por 2º ano, dentro do programa Comenius Regio co proxecto “Échangeons notre échange scolaire!”. Está cofinanciado polo Programa de Aprendizaxe Permanente da UE e e coordinado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.