Os estudantes dos centros educativos de Oleiros visitaron o noso Instituto dentro do Roteiro Neira Vilas. O alumnado de 3º curso organizou a visita dos compañeiros para ensinar a documentación e as lembranzas que ten o centro educativo deste ilustre escritor.
Na visita foi explicada a traxectoria vital do escritor Xosé Neira Vilas, así como os resultados das entrevistas realizadas a diferentes amizades, entre elas a do alcalde da localidade.
Tamén se amosou o importante fondo bibliográfico do autor co que conta o centro educativo, a exposición fotográfica do seu periplo vital nos anos 70 e 80, o mural conmemorativo onde se recolle a súa obra e vida, e as mostras da recreación do neno Balbino feito polo alumnado de Plástica.
Tamén se visionaron as diferentes actividades de homenaxe ao escritor que se levan realizado neste centro educativo que leva o seu nome. A visita rematou coa interpretación de poemas musicados polo alumnado de Bacharelato.