A sección de matemáticas do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM, formada por dous equipos de 3º de ESO e un de 4º de ESO, participou o pasado 13 de marzo na XXVI edición do Rally Matemático sen Fronteiras. Este Rally é un concurso matemático organizado por IGACIENCIA que se realiza en grupos colaborativos co fin de desenvolver a capacidade do alumnado para enfrontarse aos problemas de xeito colectivo. Dende aquí queremos agradecer e felicitar ós membros destes equipos polo seu gran traballo na primeira proba, moi especialmente, ó equipo formado polo alumnado de 3º de ESO-A, liderado por Eva Luna, xa que obtiveron o pase á fase final Galega que se celebrará o luns 9 de abril en Santiago de Compostela. Moita sorte!!