Mateo Naya Seguí premiado no concurso “Descubrindo Oleiros”

O alumno Mateo Naya Seguí, de 1º de ESO, gañou co texto “Seixo Branco” un dos premios do certame de relatos “Descubrindo Oleiros” que convoca o Servizo de Normalización Lingüística do concello. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, en colaboración permanente co Servizo de Normalización do concello, animouse a alumnado a participar. A entrega do premio tivo lugar o 21 de febreiro, Día da Lingua Materna, na Fábrica ás 19:30.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *