Arquivo da categoría: Departamento de Física e Química

#CienciaNaCasa_NV

O domingo 10 de maio de 2020 íase celebrar o Día da Ciencia na Rúa en A Coruña, e este centro ten hábito de participar.

Este ano, dadas as circunstancias, non se pode facer. Por iso o sustituimos polo día da #CienciaNaCasa_NV. Aquí colgaremos, polo tanto, algunhas das actividades realizadas polo alumnado nas súas propias casas.

Modelos atómicos #NaCasa_NV

O alumnado de Física e Química de 2º e 4º ESO acometeu o reto de facer infografías e videos sobre os modelos atómicos. Dirixid@s pola profesora Blanca Rodríguez, velaquí outra mostra do traballo do noso alumnado online. A docencia non para.

  • Podedes ollar estes traballos nesta ligazón.

Converxencias Arte e Ciencia

O alumnado de Técnicas de Laboratorio de 1º Bacharelato visitou, o martes  21 de decembro, as instalacións do Centro Sociocultural Agora de A Coruña, para enriquecer a súa aprendizaxe na exposición Converxencias Arte e Ciencia organizada por IGACIENCIA e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña. Durante o transcurso da xornada o alumnado participou en diversas actividades:

  • Unha charla,  que analiza en profundidade o método compositivo e a cor en obras de estilo cubista, especialmente nas do pintor de Juan Gris.
  • Unha exposición de obras de arte de impresión 3D, deseñadas por Manuel Regueiro.
  • Unha serie de paneis informativos sobre elementos científicos e matemáticos presentes no noso patrimonio artístico: fractais, cúpulas xeodésicas, mosaicos, ilusións ópticas….
  • Un conxunto de obradoiros manipulativos, para implementar a parte expositiva manipulando mosaicos, simetrías, bandas de Mohebius, espirais de Fibonacci…

Todos estes elementos están elaborados coa finalidade de difundir a ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e vínculos entre a arte e a ciencia.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Visita ao CICA

O alumnado de Ciencias de 1º Bacharelato visitou, o martes 19 de novembro, as instalacións do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas de A Coruña (@CICAUDC), no que foron informados dos diferentes graos, mestrados e liñas de investigación nel ofertados, para logo visitar os distintos laboratorios onde se están a realizar proxectos diversos.

Na área de Novos Materiais amosáronlles as nanomoléculas que se están a desenvolver para atrapar tóxicos -cru verquido accidentalmente, por ex.- ou co obxectivo de mellorar o aproveitamento enerxético en paneis solares…. Tamén foron amosadas investigacións con cultivos celulares, encamiñadas a solventar a artrose en humanos.

A visita foi o inicio da participación dos nosos escolares no proxecto Incrústate, co obxectivo de incrementar as vocacións científicas.

  • Consulta algunas estampas da visita aquí.

CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

Os carteis presentados por tres alumnas de 3º de ESO: Ada Agasar, Marta Cabo  e Cristina Vázquez, foron seleccionados entra os 30 finalistas do concurso Táboa Periódica e Galicia, organizado pola Facultade de Química da USC.

O día 24 de maio acudiron á citada facultade de Santiago para expoñer os seus carteis e participar no acto de entrega de agasallos. Seguir lendo CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

CIENCIA NA RÚA 2019

O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Un  ano máis, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas estivo presente nunha das carpas da citada celebración, coa participación dun numeroso grupo de estudantes, coordinados polas profesoras María Blanco  e  María José Fandiño. Seguir lendo CIENCIA NA RÚA 2019

OLIMPíADAS DE XEOGRAFÍA E FÍSICA

O pasado venres 22 de febreiro oito estudantes do instituto participaron  nas Olimpíadas de Xeografía e de Física. Unha experiencia na que tiveron a posibilidade de facer unha proba na Universidade, de enfrontarse a retos académicos máis complicados do habitual e de coñecer a estudantes e profesores doutros centros. Noraboa aos oito participantes!!!

VISITA AO MUNCYT E OBRADOIRO DE QUÍMICA

O alumnado de 2º de ESO participou o pasado venres 8 de febreiro nunha visita e nun obradoiro de química no MUNCYT. Todos eles realizaron unha actividade experimental na que clasificaron varias substancias pola súa acidez, utilizando un indicador natural que fabricaron in situ con col lombarda. Seguir lendo VISITA AO MUNCYT E OBRADOIRO DE QUÍMICA