O venres 15 de xuño, o departamento de Educación Física, organizou unha charla-coloquio sobre o DEPORTE ADAPTADO. Contamos coa participación de dous membros deportistas da asociación ENKI, Jose Angel López e Fran Pedreira, que nos contaron as súas experiencias deportivas e o día a día dunha persoa con diversidade funcional. Seguir lendo Deporte adaptado
Arquivos diarios: 27 Xuño, 2018
Xogos populares
O venres 25 de maio, organizouse no Instituto a través do Concello, que subvencionou a actividade, unha xornada de XOGOS POPULARES para os rapaces de 1º e 2º de ESO. Os alumnos e alumnas puideron desfrutar do xogo do aro, da petanca, da buxaina, zancos …. Seguir lendo Xogos populares
Campionato de fútbol
Ao longo do 3º trimestre celebráronse os CAMPIONATOS DEPORTIVOS de baloncesto, fútbol e ping-pong.
O 21 de xuño xogouse a final do campionato de fútbol , sendo esta a clasificación:
Primeiro clasificado: 1º de BACHARELATO
Segundo clasificado: 2º ESO C
Terceiro clasificado: GAFIRULAS (4º ESO) Seguir lendo Campionato de fútbol