Arquivo da categoría: Departamento de Educación Física

INICIACIÓN Á ESCALADA PARA O ALUMNADO DE 3º E 4º DA ESO

O IES Plurilingüe Neira Vilas desenvolveu durante o mes de xaneiro e marzo, unha actividade de Iniciación á Escalada dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO

A actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física e contou coa colaboración do “Club de Montañeros Independientes” (AMI), encargado de impartir as sesións no pavillón de Riazor.

A proposta formativa tivo unha duración total del dúas horas e estruturouse en dúas partes diferenciadas: unha primeira parte teórica, centrada nos fundamentos básicos do montañismo, a seguridade e o uso do material, e unha segunda parte práctica, na que o alumnado puido experimentar a escalada de maneira guiada e segura.

VIAXE PARA A INICIACIÓN E PRÁCTICA DO ESQUÍ

Dende o 11 ao 16 de xaneiro, 36 alumn@s de 1°de bacharelato, acompañado das profesoras Isabel Moar e Laura Fernández, desprazáronse a Huesca para exercitarse na práctica do esquí na estación de Formigal.
A viaxe, compartida con alumnado e profesorado do IES As Mariñas de Betanzos, desenvolveuse satisfactoriamente e sen se producir ningunha incidencia desagradable aínda sendo unha actividade de risco. Por outra banda é unha semana na que se fomenta a colaboración e a convivencia e, sendo compartida, tamén as novas relacións e cooperación intercentros.

ACTIVIDADES TRIMESTRAIS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

SENDEIRISMO E KAIAK

Dentro do Plan de Deportes de Oleiros, desenvolveuse a práctica de Sendeirismo e Kaiak polas Terras do Mandeo no mes de setembro. A actividade foi financiada na súa totalidade polo Concello participando o alumnado de 1º de Bacharelato cun total de 36 participantes.

KAIAK

Dentro das actividades subvencionadas polo Concello de Oleiros e dirixidas ao Departamento de Educación Física estívose a realizar no mes de setembro a actividade de “Iniciación ao Kaiak e Remo”. Impartida polo Clube de Remo de Perillo, na praia de Santa Cristina, a actividade programouse para 3º da ESO.

SURF

O 10, 12 e 13 de Outubro, levouse a cabo a actividade de SURF, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, na praia de Bastiagueiro. A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.

BUCEO Seguir lendo ACTIVIDADES TRIMESTRAIS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS

Despois dun mes de organización, planificación, probas e máis probas… chegou o Samaín!

Por unha parte, os grupos de terceiro da ESO coordinan a decoración do centro e preparan o Túnel do Terror, e, por outra, o Magosto e os Xogos Populares dos que gozaremos na festa despois do segundo tempo de lecer. Seguir lendo SAMAÍN E MAGOSTO NO NEIRA VILAS