Arquivos da etiqueta: Concello de Oleiros

GRAN ÉXITO TEATRAL NA FEIRA DO LIBRO

O 26 de abril o alumnado de Oratoria de 4º ESO participou nas actividades organizadas polo Concello de Oleiros para celebrar o Día do Libro cunha representación teatral que deu vida e voz a dous poemas senlleiros de Rosalía de Castro. Cun cheo total na zona habilitada no Parque José Martí e baixo a dirección da profesora Eli Ríos, a función transitou entre o humor e o drama para traer ao presente dúas obras da literatura universal e mostrar o talento e a implicación da nosa xuventude. Noraboa a todas e todos!

ACTIVIDADES TRIMESTRAIS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

SENDEIRISMO E KAIAK

Dentro do Plan de Deportes de Oleiros, desenvolveuse a práctica de Sendeirismo e Kaiak polas Terras do Mandeo no mes de setembro. A actividade foi financiada na súa totalidade polo Concello participando o alumnado de 1º de Bacharelato cun total de 36 participantes.

KAIAK

Dentro das actividades subvencionadas polo Concello de Oleiros e dirixidas ao Departamento de Educación Física estívose a realizar no mes de setembro a actividade de “Iniciación ao Kaiak e Remo”. Impartida polo Clube de Remo de Perillo, na praia de Santa Cristina, a actividade programouse para 3º da ESO.

SURF

O 10, 12 e 13 de Outubro, levouse a cabo a actividade de SURF, dirixida ao alumnado de 4º da ESO, na praia de Bastiagueiro. A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.

BUCEO Seguir lendo ACTIVIDADES TRIMESTRAIS DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

MANUEL NÚÑEZ SINGALA E A OPORTUNIDADE DA LINGUA GALEGA

O mércores 21 de xaneiro o alumnado de 4º ESO tivo o pracer de asistir á charla “A lingua galega: unha oportunidade”, impartida polo escritor e director do Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Núñez Singala e organizada polo Servizo de Normalización lingüística do Concello de Oleiros en colaboración co Equipo de Dinamización da lingua galega do noso instituto. A través das súas amenas verbas, cheas de historias, sorpresas e xiros inesperados, Manuel fíxonos reflexionar sobre a situación da lingua galega, sobre o que nos condiciona como falantes e sobre a oportunidade e riqueza que supón o noso patrimonio lingüístico e cultural.