O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM participou o pasado luns 28 de maio nunha actividade de “Scape room” levada a cabo no noso centro pola compañía Clue Hunter.
Na citada actividade o alumnado tivo que traballar en equipos utilizando os seus coñecementos, intuición e imaxinación para resolver as diferentes probas.
Con este Scape room púxose punto final á primeira edición de dito Contrato-Programa. Dende aquí queremos agradecer e felicitar a todo o alumnado participante nel polo seu traballo e dedicación ó longo do curso. Do mesmo xeito, gustaríanos animar ó alumnado do vindeiro curso a participar nas diferentes actividades STEM que se organicen no noso centro.