Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente

O pasado martes 30 de outubro Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez, Iris Lopetegui, Clara Bode e Lucía Hermida formaron parte do xurado do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, xunto con outros estudantes de diferentes institutos tanto galegos coma doutros países.

Desprazáronse a Santiago, acompañados polas profesoras de Língua Galega e Castelá,  Ana Crego Yáñez e Julia Fernández Seguín.

A obra gañadora en narrativa en galego foi O xardiñeiro dos ingleses de Marcos Calveiro.

Tanto en narrativa en castelán coma en lingua extranxeira, o xurado destacou o valor de tódalas obras finalistas.  A maioría dos votos foron para La uruguaya do arxentino Pedro Mairal e La vegetariana da escritora coreana Han Kang.

 

Deixar unha resposta