Innova o teu futuro

O pasado luns, 19 de novembro, varios profesionais de Inditex estiveron co alumnado de 4º de ESO para contarlles, en primeira persoa, as súa propia experiencia laboral.
Estas charlas forman parte do programa ” Innova o teu futuro” da Fundación Junior Achievement.

A súa misión é inspirar aos mozos e mozas para triunfar, nunha economía cada vez máis global. Pretenden ser un exemplo, guiándolles na identificación das habiliadades que actualmente se buscan no mundo laboral: traballo en equipo, esforzo nos idiomas, creatividade, resolución de problemas, capacidade de superación…
Para máis información pódese consultar o sección de Orientación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *