PRESENTACIÓN DA OFERTA UNIVERSITARIA DA USC

O pasado venres 1 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu a unha charla, organizada polo Departamento de Orientación, na que se presentou a oferta académica da Universidade de Santiago de Compostela.

O relator, Francisco Javier López González, coordinador do Programa A Ponte entre Ensino Medio e a USC do Campus de Lugo, realizou, no salón de actos do instituto, unha precisa exposición dos diferentes grados que se poden cursar tanto en Santiago de Compostela como na cidade de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *