VISITA AO MUNCYT E OBRADOIRO DE QUÍMICA

O alumnado de 2º de ESO participou o pasado venres 8 de febreiro nunha visita e nun obradoiro de química no MUNCYT. Todos eles realizaron unha actividade experimental na que clasificaron varias substancias pola súa acidez, utilizando un indicador natural que fabricaron in situ con col lombarda.

Tamén tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada, na que o alumnado tivo a oportunidade de coñecer os aspectos máis salientables dos fondos do Museo da Nacional de Ciencia e a Tecnoloxía.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta