8 de marzo: Día Internacional da Muller

O alumnado de 3º de ESO realizou, en colaboración co Departamento de Plástica, un mural conmemorativo do día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.

Esta é a data escollida pola ONU para visibilizar mundialmante as diferenzas entre ambos sexos que existen na sociedade. Para coñecer a orixe desta data, declarada pola ONU como o Día Internacional da Muller en 1975, debemos remontarnos ao 25 de marzo de 1911, ano no que un incendio nunha fábrica terminou coa vida de 123 mulleres e 23 homes  que traballaban en míseras condicións.

O 8 de marzo de 1857, un grupo de traballadoras do sector téxtil saíron ás rúas  de New York para protestar contra as miserables condicións de traballo. Sería unha das primeiras manifestacións en loitar polos seus dereitos. Varios movementos e eventos seguidos a partir dese episodio, serviron de referencia para establecer o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller

Deixar unha resposta