O alumnado de 1º ESO, coordinado pola profesora Victoria Fernández, realizou #NaCasa una serie de collages de grande mérito. Pódense ver nesta ligazón ou facendo click sobre a imaxe de entrada.
* E, de regalo, un cómic de Itziar Martínez.
O alumnado de 1º ESO, coordinado pola profesora Victoria Fernández, realizou #NaCasa una serie de collages de grande mérito. Pódense ver nesta ligazón ou facendo click sobre a imaxe de entrada.
* E, de regalo, un cómic de Itziar Martínez.
Ao longo da semana final de novembro de 2019 tivo lugar a “Semana Neira Vilas 2019” no centro educativo, coa colaboración de diversos departamentos e alumnado nos actos programados para conmemorar a figura do escritor que dá nome a este IES.
O alumnado leu fragmentos de obras do autor -actividade patrocinada desde a Biblioteca Escolar; diseñou paisaxes “diferentes” para un fondo de neno labrego -actividade promovida polo departamento de Educación Plástica; lembrou ao autor e interpretou o poema “Ai, amor”, una vez máis -nunha colaboración do EDNL e o departamento de Música; chiou en @semaneira; escoitou a Xosé María Dobarro; cantou,…
O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.
Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.
A comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas desexa unhas felices vacacións a tódolos seus membros. O 23 de abril regreso ás aulas con enerxías renovadas
O alumnado de 3º de ESO realizou, en colaboración co Departamento de Plástica, un mural conmemorativo do día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.
Esta é a data escollida pola ONU para visibilizar mundialmante as diferenzas entre ambos sexos que existen na sociedade. Para coñecer a orixe desta data, declarada pola ONU como o Día Internacional da Muller en 1975, debemos remontarnos ao 25 de marzo de 1911, ano no que un incendio nunha fábrica terminou coa vida de 123 mulleres e 23 homes que traballaban en míseras condicións. Seguir lendo 8 de marzo: Día Internacional da Muller
O pasado xoves 21 de febreiro o “Club de Leones” de Oleiros entregou un premio á alumna Sophia Vivas López de 1º da ESO C. Resultou gañadora no concurso plantexado por esta organización e que tiña como lema “Cartel de la Paz”. As representantes do clube que se desplazaron ata o centro explicáronlles brevemente a Sophia e aos seus compañeiros e compañeiras cales son as funcións desta organización que presta axuda preto e lonxe da nosa comunidade. Noraboa Sophía!
O pasado venres 15 de febreiro o alumnado de 3º de ESO do IES
Plurilingüe Xosé Neira Vilas participou nun obradoiro de ilustración
na Biblioteca Municipal Rialeda. Miguel Cuba, responsable desta
actividade, conseguiu espertar neles a faceta creativa que todas e
todos levan dentro. A actividade inclúese na programación de actividades de fomento da lectura do Concello de Oleiros.
A Asociación de Prensa da Coruña convocou o IV Concurso de Debuxo Picasso Coruñés no que participou alumnado do noso centro, dos cursos de 3º e 4º de ESO. Sara Eiroa Fernández gañou o primeiro premio (300 €) da modalidade “Olga Cristina Viaño Sánchez” á mellor redacción. Ademáis as alumnas Clara Isabel Graña Castro, Noela Mato López, Sofía Miranda Vázquez, Valentina López López, Orleni Mateo Durán e Hellen Diel Veras acadaron accésits en diferentes modalidades. Seguir lendo Concurso Picasso Coruñés
Os días 5 e 6 de xuño tivo lugar o Roteiro cultural que organiza o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, o IES Neira Vilas e o IES Miraflores. Este ano participou, ademais de alumnado doutros centros do concello, as rapazas e rapaces de 3º da ESO do IES Neira Vilas, coordinados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo da Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o Departamento de Plástica. Seguir lendo Roteiro cultural
Baixo a dirección de Natalie Honan, auxiliar de conversa de inglés, e coa colaboración das profesoras Esther Díaz e Natalia Val, do departamento de plástica, e Mercedes Dopico do departamento de inglés, os alumnos de 1º ESO participaron no proxecto a paisaxe.
Elixiron un parque natural e buscaron información sobre o mesmo. Despois escribiron unha tarxeta postal imaxinando que o estaban visitando e contaron o que estaban a facer. Por último, debuxaron o parque e destacaron algunas das súas características e as actividades que podían facer alí. O seu traballo pódese ver no corredor do instituto.