FEIRA CIENTÍFICA UDCiencia

O alumnado de 2º de ESO B participou o pasado 28 de abril nunha serie de obradoiros científicos organizados pola Fundación Barrié en colaboración coa Universidade da Coruña.

Representantes de diferentes grupos de investigación vinculados ao equipo de divulgación científica UDCiencia, da Facultade de Ciencias e o Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña, presentaron ao alumnado diversas propostas de actividades experimentais relacionadas co seu campo de investigación. Os estudantes tiveron a oportunidade de participar en seis estacións, das doce que formaban parte do proxecto. En cada unha delas, durante en 15 minutos, desenvolveron  actividades manipulativas, que teñen coma obxectivo despertar vocacións científicas no alumnado de ESO.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Deixar unha resposta