Fridays for Future

O noso centro súmase ao movemento Fridays for Future. Queremos amosar a preocupación de toda a comunidade educativa en relación ao devastador efecto, que tanto da contaminación como das emisións masivas de dióxido de carbono á atmosfera, teñen sobre o noso planeta.

A proposta que facemos dende o instituto consiste en plantexar cada venres iniciativas para concienciar á poboación deste problema que nos afecta a todos. Todas estas iniciativas pódense seguir a través de Instagram f4fneira.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta