VISITA Á DOMUS

O alumnado de Bioloxía de 3º de E.S.O. Visitou o xoves 7 de Marzo as instalacións da Domus, onde ademais asistiron no laboratorio á disección dun corazón de porco coas oportunas explicacións sobre o funcionamento deste órgano.

A maioría desfrutaron desta actividade, aínda que toda a mañá estivo sementada de emocións: os que palideceron ante a visión “en directo” desta fascinante actividade, os que se emocionaron co parto e os que non esperaban ver uns siameses conservados en formol. Ademais de divertirse e aprender coas múltiples actividades que ofrecen os módulos deste museo científico coruñés. Cabe felicitar a todo o alumnado polo seu magnífico comportamento e uso das instalacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *