DUBLÍN 2019

Durante esta última semana de curso 45 estudantes de 4º de ESO, acompañados polos profesores María Blanco, Mª José Fandiño e Agustín Fernández Gago, están a desfrutar da VIAXE FIN DE ETAPA 2019 a Irlanda.

Entre o 17 e o 21 de xuño visitarán os  lugares turísticos máis representativos, monumentos e museos  de Dublín: Castelo de Dublín, St Patricks Cathedral, Trinity College,Kilmainham Gaol, Fábrina de Guinnes, O´Conell Street, Irish National War Memorial Park...; e tamén a zona norte do país: Calzada dos Xigantes, Dunluce Castle e The Dark Hedges.

Pódense consutar fotografías feitas polo alumnado no INSTAGRAM @viaxedublin2019

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

Deixar unha resposta