Estréase esta fin de semana a curtametraxe “El nuevo método” onde un profesor de teatro move os fíos das inquedanzas do seu alumnado buscando a sublimación na arte da interpretación. Nesta narración coral mestúranse escenarios novos e coñecidos con acontecementos que lembran o frío e húmido inverno que está a acontecer.
Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do Neira Vilas, cun liderado compartido, deu continuidade a unha formación realizada tempo atrás no instituto. Abertos agora a novas inquedanzas onde se mesturan coñecementos, cultura e gañas de facer algo diferente que complete a mochila coa que saen do instituto cara a longa viaxe do resto das súas vidas.
Realizarase a estrea desta curtametraxe na plataforma de vídeos de YouTube o domingo 6 de decembro de 2020.
Deixamos ao voso dispor un enlace ao tráiler e a unha entrevista realizada a parte do equipo de rodaxe e emitida por Radio Oleiros na sección “Outra mirada” o pasado martes. Non perdades a ocasión de transmitir a nova desta estrea as vosas amizades e polas redes sociais. Canto falta para a estrea? Pincha na conta atrás.
Podedes ver o tráiler aquí.
A PARTIR DAS 20:30 DO 6 DE DECEMBRO, A CURTAMETRAXE AQUÍ