Arquivo da categoría: Curso 2020-2021

XORNADAS SOBRE MEDIDAS PREVENTIVAS E DE PROTECCION FRONTE A COVID

O Concello de Oleiros está a organizar coa Cruz Vermella unha xornada sobre medidas preventivas e de protección fronte ao COVID específicas para a comunidade educativa.

Neste momento confirman tres datas para a realización desta charla no auditorio de A Fábrica, en Perillo, e que serán os venres 2, 16 e 23 de outubro, en horario de 17 a 19 horas.
O aforo é limitado e se precisa reserva previa, polo que podedes solicitar asistencia para calquera destes tres dias enviando un correo indicando a data seleccionada con nome e apelidos e un teléfono de contacto a anpaneiravilas@gmail.com
Posteriormente, e unha vez confirmado co Concello, se vos confirmará a praza por correo electrónico.

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

Comezamos a andaina deste curso desenvolvendo un PROGRAMA DE ACOLLIDA” (“Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa”) que desenvolveremos coa incorporación gradual dos distintos niveis e no que desenvolveremos actividades globalizadas agrupadas nas seguintes temáticas:

a) Novas normas de organizacion e funcionamento do centro.
b) Actuacions de prevencion, hixiene e proteción.
c) Acións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial.

BENVIDA AO NOVO CURSO 2020-21!

ENTREGA LIBROS DE TEXTO SOLICITADOS A ANPA

Mañán venres 18 e o luns 21 faremos entrega dos libros de texto que se vos concederon dos SOLICITADOS Á ANPA nos horarios comunicados polo equipo directivo:

• De 9.00 a 11.30 horas para 1° e 2° ESO na oficina da ANPA.
• De 11.30 a 13.30 horas para 3° e 4° ESO na aula de Plástica.
Pedimos respetedes estes turnos, pois non contamos con xente para desdoblar o reparto, así como máscara, paciencia e distancia de seguridade nas esperas.
Se alguén renuncia á súa petición ou non poidera asistir nestes horarios deberá comunicalo por correo electrónico para buscar algunha alternativa.
Grazas pola vosa colaboración.

ABAU 2020

Información-Centros-ABAU-CD06A_2020

As datas para a realización das ABAU [ver calendario completo de acceso 2020] van aproximándose e de seguro que sabes cales son. Mais é probable que aínda non saibas, outros aspectos de interese como prazos de matrícula e reclamación destas probas, procedemento que se segue, normas para realizar os exames e material que precisas. Todo isto e algunha información máis pódese consultar nos seguintes carteis:

Matrícula 2020-21

Do 1 ao 10 de xullo de 2020 terá lugar o proceso de matrícula para o vindeiro curso 2020-21 no IES. Por mor da COVID-19, e coa finalidade de evitar colas e aglomeracións, propoñemos a familias e alumnado unha matrícula por quendas -por orde alfabética, que indicamos nas ligazóns pertinentes:

1º ESO – 1 de xullo 2º ESO (1) – 2 de xullo 2º ESO (2) e 3º ESO (1) – 3 de xullo 3º ESO (2) e 4º ESO (1) – 6 de xullo
4º ESO (2) e 1º Bach. – 7 de xullo 1º Bach (2) – 8 de xullo 2º Bach. – 9 de xullo Imprevistos 10 de xullo

Xuntamos os documentos de matrícula para cada etapa educativa: