DEVOLUCION LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Convócase ao alumnado do IES Neira Vilas o vindeiro venres 25 de xuño para devolución e solicitude de libros de texto do fondo da ANPA Arce nos seguintes horarios:

Solicitudes 1° ESO. 10.00-11.00 h.
Solicitudes 2° ESO. 11.00-12.00 h.
Solicitudes 3° ESO. 12.00-13.00 h.
Solicitudes 4° ESO. 13.00-14.00 h.

No bacharelato non hai préstamo de libros, polo que o alumnado que ten pendente de devolución libros de 4° ESO poderán devolvelos ao longo da mañá.
No caso de ter algunha materia pendente para setembro poderán delvolverse eses libros despois desa convocatoria, pero a devolución do resto dos libros e a solicitude do vindeiro curso terá que formalizarse neste prazo ordinario.

Prégase respecten os turnos establecidos para atender a protocolos Covid e poder garantir que todo o alumnado poida solicitar correctamente os libros do seguinte curso.

Grazas!