XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

O vindeiro xoves 14 de de marzo o noso alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato visitará a III Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de formación profesional, educación secundaria e Bacharelato e situada no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz.

Trinta entidades, entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostelería, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias, entre outras, informarán durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Durante a mañá, de 9.30 a 13.30 horas, uns 600 alumnos/as dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por profesorado e orientadores/as, visitarán a Feira en distintas quendas. Pola tarde, de 16 a 18.00 horas, o evento abrirá as súas portas a todo o público interesado.

Este encontro está organizado polo departamento de Ensino do Concello de Oleiros coa colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria existentes no Concello de Oleiros, IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.