O martes 19 de marzo o alumnado de 3º e 4º da ESO gozou dunha mañá moi especial, na Fábrica de Perillo, en que a música, a lingua, a ilustración e as ganas de pasalo ben fixeron que quedasemos con ganas de máis! Grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros e en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística e co Departamento de Lingua Galega e Literatura do noso instituto, puidemos coñecer o proxecto Músicas Ilustradas de Laura Romero, reflexionamos sobre o papel das mulleres na música galega e, tamén, sobre a importancia da nosa lingua como elemento dinamizador e imprescindible nunha cultura.
Nestoutro proxecto en que participamos, #aquitamensefala, hai algunhas cancións de Zenzar. Animámosvos a escoitalas porque seguro que vos gustan tanto como a nós!