PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA

Nas vindeiras semanas terán lugar as probas de acreditación da competencia lingüística en Francés e Inglés, para as que un número elevado do noso alumnado recibiu as axudas concedidas pola Consellería.
O alumnado interesado xa foi informado en detalle das datas, horas e lugares de celebración, así como das características das probas respectivas e da documentación que teñen que levar para presentarse a elas. Pero a través desta nova preténdese transmitir ao conxunto da comunidade educativa a información básica:
– Probas de Inglés (Niveis B1, B2 e C1): Terán lugar os días 16 e 17 de abril a partir das 15:50 h. (agás o alumnado que se presenta ao nivel C1, que fará unha parte da proba o día 16 pola mañá). Realizaranse no noso instituto.
– Probas de Francés (Delf Scolaire, Niveis B1 e B2):
O exame oral terá lugar o venres, 19 de abril, pola mañá no noso centro.

O exame escrito realizarase o mércores 24 de abril ás 16:40 h. e xoves 25 de abril ás 16:45 h., dependendo do nivel, no IES Eusebio da Guarda da Coruña (entrada polas portas que dan ao paseo marítimo e fan esquina coa rúa Modesta Goicouría).
O alumnado que se presenta ao Dalf (NIvel C1) examinarase o venres 7 de xuño e recibirá a información detallada no seu debido momento.
Moita sorte a todas e todos!