– Devolución: Necesitamos que aquelas familias que aínda non devolveron os manuais do curso 23-24 fágano na maior brevidade posible, lembrade que aqueles que non devolvan os libros non poderán participar no préstamo do curso que entra.
– Doazóns: Queremos, unha vez máis, salientar a importancia das doazóns, fan falta en todos os cursos pero especialmente nos cursos de 2º e 4º da ESO (neste momento, por exemplo, non dispoñemos de ningún manual de matemáticas A para prestar), sen elas somos conscientes de que moitas peticións quedarán sen cubrir, cousa que vai en detrimento de todas as familias do centro. Animádevos a doar, aínda estamos a tempo!
– Recollida: Tanto as devolucións como as doazóns serán recollidas na conserxería do centro en horario de 9:00 a 13:00, rógase que se entreguen xunto coa folla destinada a ese fin debidamente cuberta.
– Reparto: Por todo o comentado anteriormente a entrega dos libros en préstamo para o curso 24-25 finalmente levarase cabo en setembro, necesitamos que todos os manuais sexan devoltos e esperamos que nestes días de matrícula máis familias anímense a colaborar coas súas doazóns.
– Solicitudes: Ao final de esta entrada tedes as fichas de solicitude de libros en préstamo, que unha vez cuberta (datos do encabezado e o apartado “solicita”) será reenviada ao noso correo electrónico: anpaneiravilas@gmail.com, ou depositada no buzón da ANPA no instituto.
– Alta socios: Deixámosvos aquí a folla coas instrucións para que aquelas familias que o desexen déanse de alta como socios do ANPA. Isto non só dá preferencia no préstamo de libros senón que tamén é fundamental para poder seguir realizando actividades destinadas aos alumnos, alumnas e familias tales como: talleres de técnicas de estudo, xestión emocional, de defensa, actividades extraescolares etc.. Xuntos somos máis!
– Na seguinte ligazón tedes o decálogo de funcionamento do fondo de libros: https://iesneiravilas.es/anpa-2/
Agradecemos de antemán a vosa colaboración, un saúdo.