DÍA DAS ESCRITORAS NO NEIRA VILAS

O noso centro celebrou o Día das Escritoras, 14 de outubro, cunha exposición de traballos realizados polo alumnado adicados a autoras de distintas épocas, linguas e procedencias. A mostra estivo coordinada pola Biblioteca e elaborada coa colaboración dos Departamentos de Francés, Inglés, Lingua castelá e Lingua galega, así como do profesorado participante no Proxecta “Donas de si”.
Asemade, as alumnas Matilde Vázquez e Érika Yefymenko, de 3º ESO A, entrevistaron a María Xosé Queizán: https://www.dropbox.com/s/wyk3tb274b0z5jq/queiz%C3%A1n.mp4?e=2&st=fc48nc1t&dl=0
Queizán, referente indiscutible das escritoras galegas, fai, nesta entrevista, unha marabillosa reflexión sobre a escrita e envía un desexo moi especial para o alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas. Queres saber que é? Pois escoita atentamente ata o final! Un paxe de grazas, Queizán, por celebrar con nós este Día das Escritoras!