ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR 2024

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 18/09/2022], este mes de novembro convócanse eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares dos centros docentes de Galicia. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que quedan vacantes dentro do Consello escolar, que nesta ocasión son as seguintes:

persoas representantes do profesorado 

4 persoas representantes de alumnado 

persoa representante das familias, 1 máis no caso de que a ANPA non faga uso do seu dereito a contar cun representante 

persoa do persoal de administración e servizos.

NOMEAMENTO DA XUNTA ELECTORAL

Seguindo as indicacións da normativa, o primeiro paso para a realización das eleccións é a elección dos membros da Xunta electoral de centro, que velará polo cumprimento da legalidade destes comicios. A Xunta electoral estará composta polos seguintes membros [Decreto 92/1988]:

Director do centro de ensino, como presidente da mesma 

1 persoa do profesorado elixida por sorteo público 

responsable (nai, pai ou titor/a legal) elixida/o por sorteo público 

persoa do alumnado elixida por sorteo público 

persoa do persoal de administración e servizos elixido por sorteo público 

CALENDARIO E MÉTODO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

     A elección dos membros da Xunta electoral (agás a súa presidencia) realizarase do seguinte xeito:

Sorteo o luns día 21 de outubro de 2024 no despacho de dirección do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ás 12:30 horas. 

No sorteo estarán presentes: o director e a secretaria do instituto (presidente e secretaria do proceso respectivamente), 1 persoa do profesorado elixida ao azar, 1 persoa do alumnado elixida ao azar, 1 representante das familias. 

Apersoas que constituirán a Xunta electoral elixidas no sorteo recibirán unha notificación oficial da elección a través do correo electrónico e/ou do espazo Abalar e serán citados para a primeira reunión nos días seguintes ao sorteo.  

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

As persoas así nomeadas para a Xunta Electoral serán citadas para determinar o calendario e inicio do proceso electoral nunha reunión que terá lugar no centro o 25 de outubro de 2024.