O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, todo o IES Xosé Neira Vilas puxo o seu gran de area contra a violencia machista.
Foi un día de loito no que profesorado e alumnado nos vestimos de negro para conmemorar ás vítimas desta lacra social. Ademáis,durante toda a xornada, as portas das nosas aulas vestiron os nomes das 40 mulleres mortas a causa da violencia machista no que vai de ano, visibilizando así a todas aquelas que non deben ser esquecidas.
Doutra banda, Tivemos a sorte de recibir información do PUNTO VIOLETA e fixemos unha pequena exposición sobre micromachismos que amosou as diversas actitudes e comportamentos que perpetúan a desigualdade de xénero no noso día a día. E, finalmente, o estudantado exhibiu toda a súa creatividade participando no concurso de logos contra a violencia de xénero.
Estas accións son só un paso máis da nosa loita, xuntas e xuntos seguiremos traballando para poñer fin á violencia de xénero en todas as súas formas.