IX ANIVERSARIO

O pase de diapositivas require JavaScript.

Nun acto conmemorativo do noveno aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas (escritor que dá nome ao noso IESP), o alumnado de diferentes niveis educativos rendeu homenaxe aos parágrafos iniciais da universalmente valorada obra “Memorias dun neno labrego”, reproducíndoos nunha ducia de linguas.
Do galego ao éuscaro, pasando polo árabe, ucraíno, alemán, bable, húngaro, guaraní, brasileiro, grego clásico, ruso e wolof, as variadas identidades lingüísticas que agroman neste centro plurilingüe expresáronse con beleza singular. O público estivo constituido polo alumnado máis novo do IESP, de 1° e 2° ESO.
O acto concluíu cun karaoke expresivo, lembrando a versión pandémica do poema “Ai, amor” que, inspirada na interpretación de “A Quenlla”, gravaramos en 2020, e que foi coreada con afouteza polo alumnado neste 27 de novembro de 2024.