O Festival Falando a Boca Chea inicia unha nova edición e grazas ao SNL do Concello de Oleiros, o alumnado de 2º da ESO participa deste encontro de narración oral que nace en 2017 e que, cada ano, medra máis e máis.
Nesta ocasión, o venres 7 de febreiro o improvisador Josiño da Teixeira fixo un percorrido pola historia dos brindos e as regueifas que nos deixou de boca aberta. Que impresión coñecer as conexións que nos unen a Cuba, a Portugal ou ao País Vasco entre moitas outras culturas! Nin que dicir ten que nós tamén queriamos formar parte desta historia e aló nos botamos a regueifar seguindo as indicacións de Josiño da Teixeira!
Agardamos con ansia poder repetir esta experiencia, pero, mentres tanto, aí vos quedan nas fotografías algunhas das coplas que botamos. Esperamos que vos gusten tanto como a nós!