A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa vén de publicar a convocatoria da proba externa do programa de dobre titulación de bacharel e baccalauréat (Bachibac) para o curso académico 2024-25 e de ditar instrucións para o seu desenvolvemento, que se poden consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta. gal/portal/node/46297.
O alumnado de 2º Bacharelato que cursa este programa deberá inscribirse na proba externa, presentando o anexo II no centro, entre os días 4 e 8 de abril.
A proba externa terá lugar os días 29 e 30 de abril, segundo o horario e instrucións que se recollen no mesmo documento.