ACTO DE GRADUACIÓN DA NOVA PROMOCIÓN DE BACHARELATO 2023-2025

O xoves 22 de maio tivo lugar o emotivo acto de graduación da nova promoción de Bacharelato 2023-2025 no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, coa participación de todos os membros da nosa comunidade educativa e coa presenza do Alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e da Concelleira de Cultura, Normalización lingüística, Ensino e Xuventude, María José Santos Zas. Nel tamén celebramos a graduación da décima promoción de Bachibac do noso centro, culminando así un curso de celebracións dos dez anos da implantación deste programa no noso instituto.
Moitos parabéns e moita sorte aos/ás nosos/as novos/as bachareis nesta nova etapa apaixoante que comeza nas súas vidas!