CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO (PEB) CORRESPONDENTES AO CURSO 2024-2025

O alumnado que rematou o Bacharelato na convocatoria ordinaria do curso 2024-2025 nun centro docente da Comunidade autónoma de Galicia e que teña unha media dos dous cursos de Bacharelato igual ou superior a 8,75 (sen contar a materia de Relixión) pode presentarse á proba para a obtención do premio extraordinario de Galicia (PEB), que ten unha dotación de 1.000 € para cada un/ha dos/as 20 mellores resultados na citada proba. A proba terá lugar o día 18 de xuño e os lugares de realización publicaranse no portal educativo e na páxina de PremiosEdu.
Para matricularse na proba PEB o alumnado deberá presentar no instituto o Anexo I debidamente cuberto. O prazo de matrícula está aberto do 4 ao 10 de xuño de 2025, ambos inclusive.
Con posterioridade á realización da proba, unha vez publicadas as cualificacións definitivas da mesma, o alumnado que resultase merecedor dun dos premios deberá formalizar unha solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de Bacharelato.
Toda a información sobre a proba PEB, así como o Anexo I para formalizar a matrícula, pode consultarse na páxina web PremioEdu: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/.