– Publicación das listaxes provisionais: 14 de xullo.
– Prazo de presentación de reclamacións ás listaxes provisionais: 15 e 16 de xullo.
– Publicación das listaxes definitivas: 21 de xullo.
As listaxes, tanto provisionais como definitivas, serán publicadas no taboleiro do centro e poderán consultarse tamén na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/ fondolibros/), accedendo con certificado dixital ou Chave 365.
A partir do luns 21 de xullo as familias que resultaran beneficiarias dun cheque para a adquisición de material escolar poderán recollelo no centro. Lémbrase que os cheques só serán entregados á persoa solicitante ou, no seu defecto, á persoa maior de idade que o solicitante autorice por escrito.
Infórmase, asemade, ás familias que resulten beneficiarias da axuda para o financiamento dun ou dous libros de texto das materias establecidas polo centro (modelo híbrido de E-Dixgal) que eses libros serán adquiridos desde o centro e se lle prestarán ao alumnado beneficiario ao comezo do curso que vén. Polo tanto, as familias benficiarias non deberán mercar eses libros de texto (si o resto de libros de texto que haxa no curso correspondente).
